Saltar ao contido principal

Vivencias durante o confinamento (Parte 5)

O alumnado do noso centro, o IES PARGA PONDAL de Carballo permitiranos coñecer as súas vivencias durante o período do confinamento escribindo uns textos cheos de emocións, experiencias, sentimentos, reflexións e sobre todo de grande responsabilidade fronte á pandemia que fai xurdir en todos nós momentos persoais de gran intensidade. Nesta sección temática poderedes empezar a percorrer o camiño que vos guiará na lectura e coa que probablemente moitos de vós vos sintades identificados.

A gratitude non debe quedar nun mesmo, debemos expresala e por iso toda a Comunidade Educativa, quere agradecervos publicamente a vosa colaboración, o voso esforzo, a vosa bondade e sobre todo a gran responsabilidade que estades demostrando día a día. Aprendemos con vós e sen vós, o noso labor como docentes non tería ningún sentido. Parabéns e moitas grazas por compartir a vosa xenerosidade. 
Moito ánimo.

A selección de hoxe:

Recórdoo perfectamente. Xa pasou un mes pero sigo a recordalo como se tivese sido onte.
Era tarde xa. Serían as 23h. Como xa remataramos os exames e o martes nos deran as notas da 2º Avaliación, non me importaba durmir un pouco menos. Acendín o móbil. En toda ...
Ler máis

Acababan de mudarse a aquela casa que, para Ana, era arrepiante e dende logo algo antiga. Corría o ano 2000 e intentaban deixar atrás a morte do seu pai e buscar algo da tranquilidade que unha cidade non lle aportaba nin a Rosario nin a súa filla Ana. Fora un ano...
Ler máis

- Tes que ir durmir meu netiño, que se non túa nai vaime reñer a min por terte esperto a estas horas.
- Pero avoa, e que non teño sono, contaríasme unha historia para ver se me durmo?...
Ler máis

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...