Saltar ao contido principal

Vivencias durante o confinamento (Parte 6)

O alumnado do noso centro, o IES PARGA PONDAL de Carballo permitiranos coñecer as súas vivencias durante o período do confinamento escribindo uns textos cheos de emocións, experiencias, sentimentos, reflexións e sobre todo de grande responsabilidade fronte á pandemia que fai xurdir en todos nós momentos persoais de gran intensidade. Nesta sección temática poderedes empezar a percorrer o camiño que vos guiará na lectura e coa que probablemente moitos de vós vos sintades identificados.

A gratitude non debe quedar nun mesmo, debemos expresala e por iso toda a Comunidade Educativa, quere agradecervos publicamente a vosa colaboración, o voso esforzo, a vosa bondade e sobre todo a gran responsabilidade que estades demostrando día a día. Aprendemos con vós e sen vós, o noso labor como docentes non tería ningún sentido. Parabéns e moitas grazas por compartir a vosa xenerosidade. 
Moito ánimo.

A selección de hoxe:

O meu mundo é bastante antigo. Foi edificado hai máis dun século e restaurado hai 23 anos. O meu mundo é de pedra e ocupa uns 120 metros cadrados. Antes de acceder ao mesmo, é preciso atravesar un soportal puramente estético de madeira e vidro. Unha vez dentro, pódense...
Ler máis

Nestes últimos meses, a sociedade tivo e ten que manterse confinada nos seus respectivos fogares: afastada dos seus familiares e seres queridos, e ausente da vida social e laboral. Este fenómeno chegou a producirse pola chegada dunha nova...
Ler máis

O día 12 de marzo, os alumnos que imos á clase de Preparación Física visitamos as instalacións de INEF, en Bastiagueiro. Á volta desa excursión iamos todos comentando no autobús como ía a situación do Coronavirus, pois estaban aparecendo moitas novas...
Ler máis

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...