Saltar ao contido principal

Vivencias durante o confinamento (Parte 8)

O alumnado do noso centro, o IES PARGA PONDAL de Carballo permitiranos coñecer as súas vivencias durante o período do confinamento escribindo uns textos cheos de emocións, experiencias, sentimentos, reflexións e sobre todo de grande responsabilidade fronte á pandemia que fai xurdir en todos nós momentos persoais de gran intensidade. Nesta sección temática poderedes empezar a percorrer o camiño que vos guiará na lectura e coa que probablemente moitos de vós vos sintades identificados.

A gratitude non debe quedar nun mesmo, debemos expresala e por iso toda a Comunidade Educativa, quere agradecervos publicamente a vosa colaboración, o voso esforzo, a vosa bondade e sobre todo a gran responsabilidade que estades demostrando día a día. Aprendemos con vós e sen vós, o noso labor como docentes non tería ningún sentido. Parabéns e moitas grazas por compartir a vosa xenerosidade. 
Moito ánimo.

A selección de hoxe:

Un longo día pasa detrás doutro, e xa se perde a conta. Asemella que levemos anos na casa e resulta moi complicado non preguntarse a un mesmo o que pasará. Sabemos que a vida que ata hai un mes coñeciamos, nunca volverá como tal. Tamén que tardaremos en atoparnos...
Ler máis

O sábado 14 de marzo de 2020, debido ao número crecente de casos de COVID-19, declarouse o estado de alarma en toda España, o que supuxo a imposición dunha corentena nacional. A partir deste día, todas as familias debiamos quedar na casa e só poderiamos...
Ler máis

Era marzo, concretamente un xoves, día 13 do mes citado. Eu, xunto cos compañeiros da miña aula e centos de alumnos doutras, estábamos dando clase coma se de un día normal máis se tratase, cando, de súpito, o nosa actividade se viu interrompida por unha alarmante...
Ler máis

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...