Saltar ao contido principal

Vivencias durante o confinamento (Parte 10)

O alumnado do noso centro, o IES PARGA PONDAL de Carballo permitiranos coñecer as súas vivencias durante o período do confinamento escribindo uns textos cheos de emocións, experiencias, sentimentos, reflexións e sobre todo de grande responsabilidade fronte á pandemia que fai xurdir en todos nós momentos persoais de gran intensidade. Nesta sección temática poderedes empezar a percorrer o camiño que vos guiará na lectura e coa que probablemente moitos de vós vos sintades identificados.

A gratitude non debe quedar nun mesmo, debemos expresala e por iso toda a Comunidade Educativa, quere agradecervos publicamente a vosa colaboración, o voso esforzo, a vosa bondade e sobre todo a gran responsabilidade que estades demostrando día a día. Aprendemos con vós e sen vós, o noso labor como docentes non tería ningún sentido. Parabéns e moitas grazas por compartir a vosa xenerosidade. 
Moito ánimo.

A selección de hoxe:

Todo isto empezou un venres normal e corrente na clase do IES Isidro Parga Pondal. Acórdome de estar acabando unha clase de matemáticas cando, durante o cambio de clase, recibimos a noticia de que se cancelaban as clases durante un par de semanas debido ó coronavirus. Ao...
Leer máis

Unha proba que nos pon a vida. Unha loita contigo mesmo. Un intento de superación. Unha forma de saber que é estar so e que é estar en compañía....
Leer máis

Quen me ía decir a min hai uns meses que me pasaría isto, aínda que sería mais axeitado usar o plural, pois non son (nin de lonxe) o único que esta nesta situación: o meu veciño, miña avoa ou meu amigo Raúl atópanse igual ca min, cítovolos a eles por darvos unha información...
Ler máis

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...