Saltar ao contido principal

Comezamos o curso 2020-2021

Chegou setembro e dámosvos a benvida ao novo curso 2020-2021! Como sabedes este curso vai ser excepcional por mor da pandemia do Covid-19 e imos atopar un centro moi cambiado para adaptarnos á nova situación.

Os cambios tamén afectan á nosa biblioteca xa que este curso terá algunas limitacións no seu uso e disfrute que os deixamos aquí e nos videos (na seguinte ligazón). Lede con moita atención o noso protocolo e cumplídeo a raxa tabla 😉.

PROTOCOLO DA BIBLIO REBOLO EN TEMPOS DO COVID-19:

  1. Aforo máximo: 10 alumnos en biblio, 2 nos ordenadores, 2 voluntarios e 2 profesores.
  2. Ventilación constante. 
  3. Uso obrigatorio da máscara sempre. 
  4. Antes de entrar e saír, lava as mans. 
  5. Non toques nada, salvo onde te sentes. 
  6. Limpa o teu posto antes e despois do seu uso. 
  7. Para que poidades disfrutar da biblioteca a meirande parte de vós, haberá dous turnos en cada recreo; así que, cando soe a melodía, limpa o teu posto e sae da biblio para deixar entrar ao seguinte (non se aplica no nocturno) 
  8. Cando limpes o teu posto, bota o papel na papeleira vermella da entrada. 
  9. Non se pode comer nin beber nada. 
  10. O acceso só será posible con cita previa. O sistema para pedila é moi doado: tan só tes que anotarche no papeliño da porta para facer a túa reserva para o día seguinte no turno que queiras. Como verás, poderás anotarche para o uso da biblio, para o uso dos ordenadores ou para facer un empréstito (non se aplica no nocturno) 
  11. As devolucións realizaránse na caixa do corredor. Non entres na biblioteca para devolver un libro.



LEMBRADE:
https://www.youtube.com/watch?v=mJZZNHekEQw


NA BIBLIOTECA NON PODERÁS ENTRAR, SENÓN LAVAS BEN AS MANS!
NA BIBLIOTECA NON ENTRARÁS, SEN MÁSCARA XENIAL.
DA BIBLIO REBOLO FÓRA QUEDARÁS, SEN A PETICIÓN DE CITA PREVIA.

Como non pode haber aglomeracións, este ano as actividades serán moito máis reducidas en número, participantes e desplegue de medios (por exemplo, moita menos cartelería), pero intentaremos seguir facendo a que biblioteca sexa ese lugar de estudo e encontro que tanto disfrutades.

Tamén seguirá funcionando a nosa biblioteca virtual a través do blog da biblioteca, ao que podedes acceder directamente desde o menú superior da páxina do ies ou a través desta dirección bibliotecarebolo.blogspot.com. E, por suposto!, podédenos seguir nas redes: Twitter, Facebook e Instagram

No blog da biblioteca podedes consultar información sobre actividades da biblioteca e novidades culturais, acceder a outros sitios web de interese e mesmo facer buscas no catálogo da biblioteca dos libros nos que esteades interesados.

En breve publicaremos o novo horario para este curso e o día de apertura.

A vosa opinión impórtanos moito, así que non dubidedes en facernos chegar calquera comentario ou suxestión. Desde a biblioteca dámosvos a benvida e desexámosvos un feliz curso 2020-2021!


 

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...