Saltar ao contido principal

25N - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller: "O maltrato sutil" con Radio Rebolondas

Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e dende a nosa radio escolar, Rebolondas, o alumnado do noso centro, a través dun grupo de 3 ESO, pon voz a reivindación desta data, na que denuncian a violencia que se exerce contra a muller en todo o mundo, reclamando políticas en todo o planeta para a súa erradicación. 

Escoitaremos, a través dunha pequena historia, “o maltrato sutil” as diferentes formas que existen de exercer a violencia contra unha muller, para que sexamos capaces de reflexionar, de concienciarnos sobre esta problemática, de revisar os valores e mitos que toleran todos os tipos de violencia.

Todos podemos dende o noso lugar, ccontribuír a erradicar os diferentes tipos de violencia contra as mulleres, porque non existe xustificación da violencia contra as mulleres.

 Alumnado participante na grabación do podcast


Audio co podcast

Vídeo feito durante a grabación do podcast

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...