Saltar ao contido principal

Podcast con motivo do 10 de decembro: Día Internacional dos Dereitos Humanos

O 10 de decembro celebramos o Día dos Dereitos Humanos. Neste día conmemoramos que en 1948 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH), un documento histórico que proclama os dereitos inalienables que corresponden a toda persoa como ser humano.

Entre as actividades realizadas no noso centro para conmemorar este día, gravamos un podcast na nosa radio escolar, Rebolondas. Neste audio de 9 minutos podemos escoitar, na voz de alumnado voluntario de 4º ESO, o porqué desta data,  a contribución de Eleanor Roosevelt, porque é importante a loita e a defensa dos dereitos humanos e os 30 artigos da Declaración.

Agradecemos a colaboración do alumnado participante nesta actividade:  Xosé Cameán García, Susana Pallares Vilaverde, Lara Rabuñal Vila e Alba Varela Vales, que o fixo con gran profesionalidade.

E lembrade que os dereitos humanos deben ser unha prioridade para tod@s se queremos construír un mundo máis xusto e mellor.

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...