Saltar ao contido principal

Vídeo con motivo do 10 de decembro: Día Internacional dos Dereitos Humanos

 

Como acostumamos a facer desde a nosa Biblioteca Rebolo, organizamos unha actividade para conmemorar o Día Internacional Dos Dereitos Humanos.

O alumnado de 1º de Bacharelato participou na lectura e gravación dun vídeo no que se leu o Preámbulo e os 30 artigos da “Declaración Universal Dos Dereitos Humanos”.

O obxectivo desta actividade foi dar a coñecer todos os artigos desta declaración facendo que o alumnado se implicase dunha maneira diferente. Desde o equipo da Biblioteca queremos agradecer a tod@s aqueles que quixeron participar e aqueles que se ofreceron de forma voluntaria.


Sabiades que este documento está dispoñible en 500 linguas e que foi o que máis se traduciu no mundo?

Os dereitos humanos universais, como afirmou Eleanor Roosevelt, comezan en pequenos lugares, preto das nosas casas; en lugares tan próximos e tan pequenos que non aparecen en ningún mapa… Se eses dereitos non significan nada nestes lugares, tampouco significan nada en ningunha parte. Sen unha acción cidadá  coordinada para defendelos no nosa contorna, a nosa vontade de progreso no resto do mundo será en van “

Non esquezades esta extraordinaria reflexión!!!!!!!!!!!

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...