Saltar ao contido principal

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020 ADICADO A RICARDO CARVHALLO CALERO

Chega un ano máis o 17 de maio o Día das Letras Galegas! Aínda que por mor da pandemia da COVID-19 a celebración oficial desta data, que este ano homenaxea a Ricardo Carvhallo Calero, se vai trasladar ao 31 de outubro, queremos seguir celebrando na distancia este mes e esta data tan importante para a nosa cultura.

Ricardo Carvhallo Calero foi un historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor galego nado en Ferrol en 1910 e finado en Santiago de Compostela en 1990.


Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, e o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén foi membro de honra da Associaçom Galega da Língua e é considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico.


A Real Academia da Lingua Galega ofrece a serie Unha palabra para Don Ricardo, no que cada día do mes das Letras Galegas diferentes persoas da cultura galega relacionadas con Ricardo Carvhallo Calero ofrecerán unhas minipezas audiovisuais que conforman un retrato colectivo do autor homenaxeado este ano.


Podedes ver estas minipezas a través da web e das redes sociais da RAG así como na RTVG.
Aquí, deixámosvos con algúns deles






Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...