Saltar ao contido principal

Adiviña o personaxe relevante dentro da historia de Galicia (versión completa)

Hoxe, 17 de maio, celébrase o “Día das Letras Galegas”, recordando que Rosalía de Castro publicou nesa data no ano 1863 a súa obra Cantares Gallegos.

Para celebrar esta conmemoración, no noso instituto quixemos  facer algo diferente implicando a alumnado de diferentes niveis e por suposto a diferentes departamentos.

Nunha serie de tres vídeos presentámosvos a distintos personaxes galegos todos eles relacionados coa nosa  cultura: cantantes, músicos, escritores, loitadoras, empresarios, pintoras, intelectuais, deportistas, actrices, heroínas…en definitiva ilustres personalidades… 

Os compañeiros  de diúrno e  nocturno caracterizáronse destes misteriosos personaxes e deron  unha serie de datos e pistas  sobre eles. É aí onde comeza o voso traballo, ser quen de adiviñar cada un deles.

Grazas a todo o alumnado participante así como a cada un dos membros da Comunidade Educativa que colaboraron neste traballo. Un recoñecemento especial a todos os profesores que cederon o seu tempo de clase para as gravacións.


Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...