Saltar ao contido principal

Entrevista a Pablo Iglesias (ex-alumno) con motivo do seu premio excelencia da Universidade da Coruña

Desde o noso centro, e concretamente desde a nosa Radio Rebolondas, realizamos unha entrevista ao exalumno Pablo Iglesias co motivo do galardón recibido  neste ano tan insólito para todos nós. Trátase do Premio Excelencia da Universidade da Coruña á mellor nota  de admisión nos Graos do curso 2020-2021.

Pablo foi alumno do noso centro durante seis anos e agora está realizando un Grao de Educación Primaria. 

Pablo recollendo o premio

É un estudante brillante e así o demostra a súa Matricula de Honra en 2º de Bacharelato, pero se temos que destacar algo máis có estritatamente académico temos que resaltar  a súa solidariedade, o seu  respecto e o seu saber estar. 

Para toda a Comunidade Educativa é un privilexio e por suposto un orgullo  que un alumno reciba un premio destas características. Na entrevista tratamos de coñecer “in situ” o que significou para Pablo este recoñecemento e as vivencias que experimentou no Parga Pondal. Do mesmo xeito, coñecemos as experiencias que está empezando a percorrer como universitario e que seguro interesarán ao noso alumnado.

Desde as nosas ondas, estamos encantados da súa visita… Grazas,  Pablo, por todo.


Pablo e Basi durante a entrevista na radio do centro

Aquí tedes o podcast coa gravación

Ou se o preferides, poder ver a entrevista

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...