Saltar ao contido principal

Lecturas do club de lectura no curso 2020/2021

 Este ano no club de lectura léronse os seguintes libros:

Cores prohibidas

Saíra  do meu país porque a miña filla era dunha cor prohibida en Senegal, e chegara a un lugar no que tanto a súa pel como a miña eran diferentes ás demais. Só me quedaba confiar en que neste país non houbese cores prohibidas.

  • Colección: Aktual 
  • Autora: María Peralta Vidaurreta 
  • Adaptadora: -- 
  • Ilustracións: Eva Garrido del Saz 
  • Idioma: Galego - También disponible en Castellano 
  • Ano de edición: 2019

 



Trampa de lume

O 25 de marzo de 1911, un grande incendio na fábrica Triangle de Nova York provoca a morte de 146 persoas. A maioría delas eran mulleres que traballaban baixo unhas condicións pésimas. Este feito levou cara a unha revolta das mulleres que obrigou a cambiar as leis laborais. O incendio é a orixe histórica do Día da Muller Traballadora e da historia desta novela.

  • Colección: Aktual 
  • Autora: Núria Martí Constans 
  • Adaptadora: -- 
  • Ilustracións: Judit Canela 
  • Idioma: Galego - También disponible en Castellano, Catalán y Euskera 
  • Ano de edición: 2019
 


 

Os pazos de Ulloa

A Xián, un mozo sacerdote, encárganlle coidar do marqués de Ulloa, don Pedro, e mais das súas propiedades.
Porén, axiña descubrirá que, naquela casa, Primitivo, o criado, ten máis poder que o mesmo marqués, por mor das súas intimidacións e ameazas. Xián intenta administrar a casa e convencer o marqués de que se centre nas súas obrigas: controlar as súas terras e encontrar unha esposa, para así ter un herdeiro. Pero Primitivo non renunciará tan doadamente ao poder...

Os pazos de Ulloa retrata a vida rural da Galicia do século XIX. É unha historia onde a avaricia leva ao engano, á traizón, e á morte.

  • Colección: Ágora 
  • Autora: Emilia Pardo Bazán
  • Adaptadora: Clàudia Sabater Baudet 
  • Ilustracións: Dani Soms 
  • Idioma: Galego 
  • Ano de edición: 2019 
 

 


 

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...