Saltar ao contido principal

Encontro literario con Antía Yáñez

O xoves, 09 de decembro, o alumnado de 3º da ESO do noso centro asistiu a un encontro literario coa escritora Antía Yáñez. Tras unha breve presentación, feita polas alumnas Judith Añón Carracedo e Ánxela Palomero Agra, a escritora falounos da temática da novela Senlleiras e do proceso da súa escrita. Finalmente contestou ás preguntas que os alumnos e alumnas lle fixeron e asinou e adicou os seus libros.

Agradecemos a xestión da profesora Beatriz Corral para que esta actividade fose financiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística a través dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e do Fondo de proxectos Xacobeo 21-22. 



Deixámosvos algunhas imaxes deste encontro con Antía Yáñez e esperamos que vos animedes a ler calquera dos seus libros.

 

 












 

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...