Saltar ao contido principal

A violencia de xénero: Noelia Míguez fálanos do tema e presentamos o seu libro (8 de marzo, Día Internacional da Muller; 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller)

Para conmemorar o Día internacional da Muller (8 de marzo), pero sen esquecer a violencia machista que esta sofre (lembramos que o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller é o 25 de novembro), o 18 de marzo estivo no noso centro Noelia Míguez para falarnos sobre a violencia de xénero, os diferentes tipos e mostrarnos casos reais, partindo da súa experiencia persoal. 


Noelia explicoulles ao noso alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, desde a primeira persoa, o que vive e sofre unha vítima de violencia de xénero.



E presentounos o seu libro, Ocho señales. Cuestión de vida o muerte, onde relata, desde esa vivencia persoal, o maltrato sufrido e o seu proceso físico e psicolóxico ao longo dese tempo. Na Biblioteca Rebolo temos algúns exemplares que se poden coller para ler e que vos recomendamos!!


















 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...