O noso centro celebrou o día da Candeloria a través da degustación de crêpes feitas polo noso alumnado mais tamén desfrutamos da súa destreza literaria. Así, dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego celebramos un concurso de cartas de amor para festexar a Candeloria (o día no que casan os paxariños) e o Día dos namorados.
Podedes consultar no seguinte enlace os textos que o noso alumnado nos deixou:
E aquí vos deixamos o alumnado premiado
CATEGORÍA A:
1º premio: MARÍA LOBERA LISTA. 2º ESO D.
2º premio: HUGO BARDANCA VILLAVERDE. 2º ESO D.
3º premio: ARANCHA COTELO MUÍÑO. 2º ESO C.
CATEGORÍA B:
1º premio: NOA FRAGA SANDE. 4º ESO A.
2º premio: JULIA GARCÍA VILAR. 4º ESO A.
3º premio: CELIA QUEIJO CAMBÓN. 4º ESO A.
Parabéns aos/ás gañadoras!
Graciñas a todo o alumnado que participou e un agradecemento
especial ao xurado que tivo unha ardua tarefa na lectura das
numerosas cartas e na decisión dos gañadores.
Comentarios
Publicar un comentario