Saltar ao contido principal

Obradoiro "Especies invasoras"


A última semana de abril e a primeira de maio, 
a o noso equipo de biblioteca xunto co departamento de Bioloxía organizou un obradoiro en colaboración coa asociación Amabul sobre especies invasoras.

Amabul é unha Asociación medioambiental que procura mellorar a contorna coa axuda da pedagoxía ambiental.

Así, o alumnado de 4ºA-B-C de Bioloxía, 4ºESO de Proxecto competencial, 1ºBAC A-B de Bioloxía, 1ºESO B-D e 3ºPDC axudararon a montar unha exposición na entrada do centro chamada “Unha ameaza chegada dun espazo exterior”, que é unha exposición itinerante, creada coa financiación da Deputación da Coruña, que trata a problemática da flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos, procurando sensibilizar, educar e motivar cara a acción ambiental responsable no eido das invasións biolóxicas provocadas pola flora alóctona.

Ademais disto, o alumnado asistiu a unha serie de charlas impartidas por membros desta asociación. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.




Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...