Saltar ao contido principal

O teatro axuda a reflexionar ao noso alumnado sobre certas cuestións relacionadas co sexo

 Dentro do ciclo de teatro do FIOT, o 16 de outubro acudimos co noso alumnado de 4º ESO para ver a obra de teatro DeseXo e participar logo dunha charla-coloquio. 

A obra fíxonos reflexionar sobre a sesualidade sa, onde aprendemos o que sabemos de sexo, tamén falamos daquelas cuestións tabús... A través de situacións cotiás expuxéronnos presións, estereotipos, frustracións, formación sexual..., todo regado con humor.

Todo isto deixounos no taboleiro como se usa a pornografía e o espazo que ocupan as redes sociaisas redes sociais. Puidemos, así mesmo, falar cos actores e director da obra sobre estas cuestións. 

O noso alumnado, despois dun momento un pouco tenso polo tema tratado, comezou a cuestionarse
e poñer enriba da mesa algunhas destas cuestións que son parte do seu día a día.

 




 


Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...