Acudimos ao teatro co noso alumando de 4º ESO e 1º BACH para ver A Nai, unha proposta de Amorodio teatro
Desde o noso centro, e desde a biblioteca Rebolo, sabemos que o teatro non é só un momento de desconexión e entretemento, senón que axuda a reflexionar e poñer enriba da mesa cuestións vitais e tamén nos axuda a coñecer parte do mundo que nos rodea. Por esta razón acudimos co alumnado de 4º ESO e 1º BACH a ver a proposta da compañía teatral Amorodio Teatro, A Nai. Con ela coñecemos as irmás Lola, Julia e Amparo Touza e as súas fazañas como salvadoras dunha cantidade estimada de 500 persoas durante o Holocausto, e isto serviunos para coñecermos parte da nosa historia que nos levou a reflexionarmos sobre o futuro dunha sociedade mellor a través da acción individual.
Comentarios
Publicar un comentario