Saltar ao contido principal

Fotografando a natureza

As profesoras do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía queren mostrar á toda a comunidade educativa o Parque Natural do Monte Aloia que visitaron co seu alumnado no mes de febreiro.

Por esta razón, convocan un concurso fotográfico que procura compilar as imaxes que as vosas compañeiras e compañeiros realizaron durante a visita.

As persoas que participastes da actividade e queirades colaborar, podedes consultar as bases do concurso no seguinte enlace:
E para comezar a desfrutar das marabillas que se poden atopar neste lugar, aquí tedes unha mostra do que veredes na exposición que, en colaboración coa Biblioteca Rebolo, se vai realizar co material recibido.

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...