O día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca.
A Biblioteca Rebolo súmase a esta iniciativa con dúas actividades que buscan a vosa implicación.
- Ofrecémosvos a posibilidade de levar como regalo libros dunha selección que diversos departamentos poñen á vosa disposición.
- E coa vosa colaboración crearemos un muro onde poderedes expresar opinións, críticas, suxestións, visións persoais ou o que creades oportuno sobre a biblioteca con comentarios, frases, debuxos, graffitis...