Saltar ao contido principal

Publicacións

Día das Letras Galegas II

D17 de maio Día das Letras Galegas Lembrade que durante a próxima semana teremos diversas actividades! Xa coñecedes os concursos de narración e debuxo convocados (botádelle unha ollada á publicación do día 3 de maio). Aínda hai máis! Desde o departamento de Lingua galega, o ENDL e a biblioteca Rebolo convocámosvos á creación dunha historia colectiva:    Para levar a cabo esta actividade, poñemos á vosa disposición tres cadernos nos que poderedes ir engadindo, cada un de vós, unha peza desta historia conxunta. Construíde connosco! Tamén poderedes participar nos xogos relacionados coas Letras Galegas que vos ofreceremos no vestíbulo do centro. Os que participedes seredes agasallados cunha pequena sorpresa. Xogade á sopa de letras, aos cubos, á palabra perdida...! E non esquezades visitar a exposición sobre M. Victoria Moreno da que podedes gozar desde onte. Trátase dun conxunto de carteis elaborados polo alumnado do CEIP Xesús San Luís Romero ...

Audios do Día do libro

Aquí tedes, cun pouquiño de retraso, os audios que escoitamos o Día do libro nos cambios de clase. Son oito magníficas voces de rapazas e rapaces do noso instituto aos que lles damos as grazas pola súa participación e colaboración. Coa vosa axuda todo é máis sinxelo!!!

Día das Letras Galegas

O próximo día 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a M. Victoria Moreno. En colaboración co departamento de Lingua Galega e o ENDL, temos previstas diversas actividades das que vos iremos informando, pero comezamos propondo estes dous concursos que hoxe abren o prazo de presentación.  Contamos coa vosa participación!

As fotos do Día do libro

Como xa sabedes, podedes ver a colección de fotos no Instagram da biblioteca; pero non podemos deixar de amosalas aquí, todas xuntas, para poder desfrutalas de todas as formas posibles. Fai clic sobre a imaxe e verás o álbum de fotos. Ou, se o prefires, mira a montaxe en vídeo de youtube: E, outra vez, grazas a todas e todos pola vosa colaboración!

Día do libro

Grazas por participar nas nosas actividades para celebrar o Día do libro. Grazas a todo o alumnado que nos mandou fotos. Grazas ao persoal non docente por deixarnos ver como len. Grazas a todo o profesorado que mostra que ler é para todas as idades. Aínda podedes participar, porque no mundo da lectura sempre hai un oco que encher. Así que vos deixamos este espazo para que nos mostredes como facedes vós. Unha vez máis, grazas a todos por participar. Podedes ver os resultados e os progresos da exposición no noso Instagram (tedes o enlace ao final da páxina). Nos próximos días engadiremos a colección de citas que todos puidestes escoitar o Día do libro a través da megafonía do centro.

Secuela do Sabías quen?

O noso concurso do mes de marzo tivo algunhas consecuencias que pasamos a revisar a continuación. A ver se atopadedes os parecidos! Estes son os orixinais. Agora chegan as vosas réplicas: Coñecedes os personaxes?

El valle de los lobos

E ti como les?

Que imos facer o Día do libro ? Animádevos a participar coas vosas imaxes! Facede unha fotografía na que aparezades lendo, na que non se vos vexa a cara ou non se vos recoñeza facilmente...e enviádea ao enderezo electrónico da biblioteca: bibliotecarebolo@gmail.com Faremos unha exposición no centro coas fotografías que recibamos e serán publicadas tamén na nosa conta de Instagram. Cantos máis participemos, máis teremos para comentar.

Fotografando a natureza

As profesoras do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía queren mostrar á toda a comunidade educativa o  Parque Natural do Monte Aloia   que visitaron co seu alumnado no mes de febreiro. Por esta razón, convocan un concurso fotográfico que procura compilar as imaxes que as vosas compañeiras e compañeiros realizaron durante a visita. As persoas que participastes da actividade e queirades colaborar, podedes consultar as bases do concurso no seguinte enlace: E para comezar a desfrutar das marabillas que se poden atopar neste lugar, aquí tedes unha mostra do que veredes na exposición que, en colaboración coa Biblioteca Rebolo, se vai realizar co material recibido.

E ti como les?



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...