Saltar ao contido principal

Publicacións

Alumnado voluntario

Esta semana fixemos a presentación do alumnado voluntario, aínda que moitas de vós xa levades traballando desde principio do curso....

Dereitos Humanos

O Día da Declaración Internacional dos Dereitos Humanos contamos con Roberto Mallo e Rony Petterson para que nos contaran desde a súa experiencia os pros e os contras  da consecución destes obxectivos. Ademais, aquí vos deixamos estes interesantes traballos:

Felices lecturas

Como nas vacacións hai tempo para desfrutar de moitas maneiras diferentes, elaboramos para vós unha selección de libros que vos poden gustar. Tedes os folletos impresos á vosa disposición na biblioteca. Pero se preferides o formato dixital, aquí vos deixamos as nosas suxestións, e a gozar coa lectura!

Libro libre

Esta semana acollemos na biblio a presentación dunha nova iniciativa en colaboración coa biblioteca Rego da Balsa . Cristina veu presentarnos o Book crossing , ou Libro libre, que desde a súa biblioteca están poñendo en marcha. Que é o Book crossing ?  Unha iniciativa que consiste en  liberar libros en espazos públicos para que outras persoas poidan collelos, lelos e volver a liberalos para que outros poidan tamén utilizalos. Con isto, trátase de evitar que os libros queden esquecidos nos nosos andeis e que todo aquel que queira sumarse poida desfrutar desta comunidade virtual.  Así que xa sabedes, no noso centro contamos xa cun punto de intercambio! Para que coñezades un pouco mellor o seu funcionamento, deixámosvos o enlace á páxina e as fotos do momento da presentación, á que asistiu un grupo moi feitiño Animádevos!

En negro

O 25 de novembro foi o día Internacional da NON violencia contra a muller. Coma todos os anos, no noso centro participamos activamente manifestándonos a través de diferentes iniciativas. Das aulas de Filosofía e Valores éticos xurdiron estes interesantísimos vídeos que todo o alumnado puido visionar na bilbioteca durante a semana: Outras dinámicas de traballo deron como resultado estoutras imaxes, non menos interesantes:     E, como non, tamén nos sumamos á campaña EN NEGRO coa elaboración dun cartel que preside a entrada do centro. Aquí tedes un posado de parte do alumnado que colabora coa biblioteca, coas camisetas que nos proporcionou o concello, a quen agradecemos a súa colaboración: Grazas a todas e a todos!

Samaín con arte!

Sabedes que na Biblioteca non perdemos a oportunidade de aprender e pasalo de  𐌼𐌴𐌃𐍈 . Así, todo ao mesmo tempo! Por iso, a semana do 29 ao 31 de outubro puidestes desfrutar da nosa tradición do Día dos mortos , 𐍃𐌻𐌼𐌰𐌹𐌿 , grazas ao magnífico traballo das profesoras o departamento de Música e o seu alumnado . Velaquí tedes as imaxes: E para ver os vídeos das actuacións, aquí vos deixamos os enlaces: Interpretación da adaptación Eu vin estar o moucho (poema de Rosalía de Castro) Representación teatral de Unha noite de medo Impresionante!!! Grazas por estas fantásticas actuacións!

Éxito no Día da Biblioteca escolar!

Vistes que mesa de agasallos preparamos? Posiblemente non puidestes contemplala porque non tardastes en interesarvos polos libros que vos ofreciamos!  Está claro que vos encantaron os nosos agasallos! E que nos dicides das Recomendacións que algúns de vós fixestes? A todas e todos vós, moitas grazas pola vosa colaboración A que é sensacional? E non foi menos interesante a exposición de Bibliotecas do mundo , unha variada selección de imaxes para todos os gustos, alternativas e inversión... Pero todas cumpren a súa función, achegarnos á lectura e ás posibilidades que nos ofrece.     Recoñecedes esta última?  😉


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...