Saltar ao contido principal

Libro libre

Esta semana acollemos na biblio a presentación dunha nova iniciativa en colaboración coa biblioteca Rego da Balsa.
Cristina veu presentarnos o Book crossing, ou Libro libre, que desde a súa biblioteca están poñendo en marcha.
Que é o Book crossing?  Unha iniciativa que consiste en liberar libros en espazos públicos para que outras persoas poidan collelos, lelos e volver a liberalos para que outros poidan tamén utilizalos.
Con isto, trátase de evitar que os libros queden esquecidos nos nosos andeis e que todo aquel que queira sumarse poida desfrutar desta comunidade virtual. 

Así que xa sabedes, no noso centro contamos xa cun punto de intercambio!

Para que coñezades un pouco mellor o seu funcionamento, deixámosvos o enlace á páxina

e as fotos do momento da presentación, á que asistiu un grupo moi feitiño






Animádevos!

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...