Saltar ao contido principal

Publicacións

O club de lectura de adultos fainos unha recomendación

Concerto de Nadal

As profes do departamento de música e o seu alumnado fixéronnos desfrutar cun concerto....

Suxestións dende Alejandría, o noso club de lectura.

Este curso, no club de lectura Alejandría, estamos a celebrar unha reunión cada venres para falar sobre o divino e o humano, para conspirar contra o aburrimento, suxerir novas actividades e novas lecturas, escoitar que len outras persoas... A nosa última idea: compartir con vós o que lemos, eses libros que nos deixan felices ou pensativos, que nos fan ver novos mundos ou distintas caras deste, eses que introducen xa para sempre novas amizades na nosa vida, novos inimigos..... Lola, de 1º ESO non ten pelos na lingua. Se queres comprobalo e saber que libro nos propón, preme na súa foto.

Don Diego Pardo e Don José Zorrilla: Exposición de fotografía e teatro.

Así nolas gastamos no Parga! (preme na foto) A exposición completa estará no centro, como non, ata despois de San Valentín.

Alumnado voluntario

Esta semana fixemos a presentación do alumnado voluntario, aínda que moitas de vós xa levades traballando desde principio do curso....

Dereitos Humanos

O Día da Declaración Internacional dos Dereitos Humanos contamos con Roberto Mallo e Rony Petterson para que nos contaran desde a súa experiencia os pros e os contras  da consecución destes obxectivos. Ademais, aquí vos deixamos estes interesantes traballos:

Felices lecturas

Como nas vacacións hai tempo para desfrutar de moitas maneiras diferentes, elaboramos para vós unha selección de libros que vos poden gustar. Tedes os folletos impresos á vosa disposición na biblioteca. Pero se preferides o formato dixital, aquí vos deixamos as nosas suxestións, e a gozar coa lectura!

Libro libre

Esta semana acollemos na biblio a presentación dunha nova iniciativa en colaboración coa biblioteca Rego da Balsa . Cristina veu presentarnos o Book crossing , ou Libro libre, que desde a súa biblioteca están poñendo en marcha. Que é o Book crossing ?  Unha iniciativa que consiste en  liberar libros en espazos públicos para que outras persoas poidan collelos, lelos e volver a liberalos para que outros poidan tamén utilizalos. Con isto, trátase de evitar que os libros queden esquecidos nos nosos andeis e que todo aquel que queira sumarse poida desfrutar desta comunidade virtual.  Así que xa sabedes, no noso centro contamos xa cun punto de intercambio! Para que coñezades un pouco mellor o seu funcionamento, deixámosvos o enlace á páxina e as fotos do momento da presentación, á que asistiu un grupo moi feitiño Animádevos!

En negro

O 25 de novembro foi o día Internacional da NON violencia contra a muller. Coma todos os anos, no noso centro participamos activamente manifestándonos a través de diferentes iniciativas. Das aulas de Filosofía e Valores éticos xurdiron estes interesantísimos vídeos que todo o alumnado puido visionar na bilbioteca durante a semana: Outras dinámicas de traballo deron como resultado estoutras imaxes, non menos interesantes:     E, como non, tamén nos sumamos á campaña EN NEGRO coa elaboración dun cartel que preside a entrada do centro. Aquí tedes un posado de parte do alumnado que colabora coa biblioteca, coas camisetas que nos proporcionou o concello, a quen agradecemos a súa colaboración: Grazas a todas e a todos!

Samaín con arte!

Sabedes que na Biblioteca non perdemos a oportunidade de aprender e pasalo de  𐌼𐌴𐌃𐍈 . Así, todo ao mesmo tempo! Por iso, a semana do 29 ao 31 de outubro puidestes desfrutar da nosa tradición do Día dos mortos , 𐍃𐌻𐌼𐌰𐌹𐌿 , grazas ao magnífico traballo das profesoras o departamento de Música e o seu alumnado . Velaquí tedes as imaxes: E para ver os vídeos das actuacións, aquí vos deixamos os enlaces: Interpretación da adaptación Eu vin estar o moucho (poema de Rosalía de Castro) Representación teatral de Unha noite de medo Impresionante!!! Grazas por estas fantásticas actuacións!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...