Saltar ao contido principal

Publicacións

Día de Rosalía (24 de febreiro)

Este ano celebramos o Día de Rosalía  proxectando as presentacións nas que traballou o alumnado de 1 ESO. Por problemas técnicos non puidemos comezar o luns, como tiñamos previsto. Pero a partir de mañá... pasade pola bilbioteca e desfrutade da obra desta grande escritora dos recitados dos seus poemas e das versións musicadas que seleccionastes! E tamén aquí podedes reproducir os vídeos: Deixámosvos tamén aquí a exposición que podedes ver no centro elaborada por alumnado de 3 ESO E non esquezades que, coma sempre, tedes á vosa disposición unha selección de obras da autora na nosa zona de exposicións. Parabéns a grazas pola vosa grande colaboración!

Resolución do concurso Amor platónico

Non foi fácil seleccionar tres fotos, porque son todas estupendas! Despois dunha moi longa deliberación... estas son as gañadoras! E, de forma excepcional, queremos entregar outro premio; non podiamos deixar de recoñecer a simpatía desta foto. Parabéns! E grazas, moitas grazas a todos e todas as que nos deixastes coñecer un pouquiño máis de vós!

O Parga namorado, namorado!!!

Á parte da vosa participación no Concurso fotográfico Amor platónico, temos que sentirnos orgullosas e orgullosos da cantidade de corazóns con que nos e vos agasallastes! Queredes ver algunha das dedicatorias?  Velaquí as tedes! Grazas!

Obradoiro de radio na escola

O mércores 23 de febreiro o grupo de traballo Radio na biblioteca escolar participou no primeiro obradoiro. A periodista Rocío Cadahía, de AGARESO -Asociación Galega de Reporteiros Solidarios- explicou os rudimentos máis básico para arrancar con este proxecto. Aquí tedes unhas imaxes dos primeiros pasos destas profesoras diante dun micro. Un saúdo.

O club de lectura do Módulo 3-4 de adultos non para

No primeiro cuadrimestre no club de lectura do Módulo 3-4 de adultos limos: A memoria da choiva, de Pedro Feijoo. Imos ver o que opinan os vosos compañeiros da ESA!!!!!! ” É moi entretido e parece unha historia real, ademáis mantén a tensión o longo da historia” (Emma, Tania, Gloria) “A min o que máis me gustou do libro é a parte final porque a curiosidade por saber quen era o asasino dábame moita intriga. e tamén me gusta a historia entre sofía e aquiles porque non se sabe se vai a haber algo entre eles ou non” (Martina)  ”Está xenial que o asasino se inspire en poemas de rosalía de castro para cometer os seus horribles crimes!!” “Aínda que por outra banda, o que menos me gustou foi que se explicaran tanto os crimes porque daba un pouco de grima” “Si, os asasinatos son moi explícitos” “non o recomendaría para persoas aprensivas ” (Emma, Alexya, Nerea) MOI INTERESANTE, PASA NO NOSA ZONA E E UNHA LITERATURA SINXELA ”O que máis me gustou foi a imperfecció...

Concurso fotográfico Amor platónico

Xa temolas fotos que participan neste concurso tan romántico. Podedes velas premando na imaxe seguinte: Como sabedes, tres delas serán premiadas cada unha cun vale de 20 euros. O xurado terá que facer ben o seu traballo. Sorte a todos e a todas  e moito AMOR!!!

Inagurado o club de lectura de Poe.

Xa comezamos o club de lectura sobre Edgar Alan Poe. Na primeira reunión, indagamos na biografía do autor e reflexionamos acerca das características da literatura de terror. Nas próximas reunións analizaremos algúns relatos máis de Poe e faremos un obradoiro de escritura literaria sobre microrrelatos de terror. Se queres unirte, pásate pola biblioteca e infórmate.

O club de lectura de adultos fainos unha recomendación

Concerto de Nadal

As profes do departamento de música e o seu alumnado fixéronnos desfrutar cun concerto....

Suxestións dende Alejandría, o noso club de lectura.

Este curso, no club de lectura Alejandría, estamos a celebrar unha reunión cada venres para falar sobre o divino e o humano, para conspirar contra o aburrimento, suxerir novas actividades e novas lecturas, escoitar que len outras persoas... A nosa última idea: compartir con vós o que lemos, eses libros que nos deixan felices ou pensativos, que nos fan ver novos mundos ou distintas caras deste, eses que introducen xa para sempre novas amizades na nosa vida, novos inimigos..... Lola, de 1º ESO non ten pelos na lingua. Se queres comprobalo e saber que libro nos propón, preme na súa foto.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...