Saltar ao contido principal

Publicacións

Saídas FIOT 2019

Este ano o FIOT presentou o FIOTEEN, unha canle para sair á procura de novo público nos centros educativos. A través desa canle mantiveron informado ao alumnado de todo o que acontecía no FIOT, graciñas á interpretación de Alba Bermúdez e Tone Martínez, da compañía carballesa Galeatro, que visitaron os centros con píldoras informativas presentando os diferentes espectáculos. Tamén se representou no centro educativo a obra “Por unha peseta” da compañía Apatacón. Ademais do anterior ofrecéronse de xeito gratuíto ao alumnado diversas representacións no Pazo da Cultura, podendo dese xeito acudir á preestrea de algunhas das obras do FIOT. Así, o alumnado de 3º de ESO puido disfrutar da obra “Medida x medida”, de PT Excéntricas, o alumnado de 4º de ESO da obra “O electo” de Contraproducións e Focus e o alumnado de bacharelato da obra “Dados” de Ventrículo Veloz. Agradecemos ao FIOT a colaboración cos centros educativos. Podedes consultar unha galería cos imaxes das saída...

A BIBLIOREBOLO recomenda aos autores do Premio Planeta deste ano

                   A BIBLIOREBOLO recomenda aos autores do Premio Planeta deste ano!!!                                                                           Javier Cercas e Manuel Vilas!!                                            Achegádevos a biblio a ver a nosa escolma e escoller o que máis os interese!

Teatro Lido FIOT (Outubro 2019)

O alumnado de 1º de ESO e 2º de Bacharelato do noso centro participou na actividade programada polo FIOT (Festival Internacional de Outono de Carballo) coas seguintes obras : 1º ESO      Título da obra: Saltimbanqui   Grupo : Xa era hora!   Integrantes:   Xulia, Fran, Kiara, Miguel Alejandro e Mario   2º Bacharelato   Título da obra :   Un berro na escuridade .   Grupo : Espartanas   Integrantes : Juan, Andrea, Aida, Uxía, Saray, Irene e Elena.             A actividade foi organizada polo EDLG e o Departamento de Lingua galega.   Todos eles fixérono xenial. Tiveron a oportunidade de visitar as instalación de Radio Voz onde se realizaron as gravacións   que escoitaremos o día 10 de decembro. Contamos coa axuda inestimable da nosa compañeira Leticia Riestra, profesora de Informática. PARABÉNS e moita SORTE!!!!!!!!!!!! Agora só falta o veredic...

Celebración do día da Biblioteca

Hoxe, día 24, é o día das bibliotecas escolares. Dende o noso centro quixemos sumarnos as celebracións co noso granito de area. Para iso fixemos, dunha banda, carteis con bibliotecas famosas de todo o mundo así como de películas, series e libros. Ademáis, seleccionamos unha serie de libros para agasallar aos rapaces que poideron coller de balde. Aquí os dexamos algunhas fotos para que o poidades ver por vós mesmos. Selección de libros para os rapaces Selección de libros para os rapaces Recomendación de libros do alumnado de 1º ESO Bulide a nosa biblioteca ou quedaredes sen libros Bibliotecas de películas e series Bibliotecas de libros (coa súa adaptación cinematográfica) Aínda máis bibliotecas de películas e series O cartel da nosa celebración

Charla informativa ao alumnado novo de 1º ESO

Durante o comezo deste novo curso, 2019-2020, ensinamos aos novos alumnos o funcionamento da Biblioteca e as nosas instalacións. Aquí tedes algunhas fotos sacadas durante as mesmas.

Ata pronto, Alejandría.

Pois si, despedímonos ao grande, con festa, agasallos, libros e chocolate. Bo verán!!

Charla sobre a menstruación

Irene Loureiro xa nos ten acostumabos á súa actividade comprometida. Nesta ocasión, agasallounos cunha charla sobre a menstruación. E como non, a súa perpectiva non deixou indiferente a ninguén. Abordou o tema dende a bioloxía, a socioloxía e non descuidou cuentións prácticas e de prevención de enfermidades. Irene non estaba soa: Uxía e Saray manexaban a proxección que acompanou á explicación. Grazas e bo traballo!!

Tecnoloxía e suxestións

Grazas ao alumnado de Tecnoloxía e ao seu profe, xa temos o buzón de suxestión posto e ben posto. Acabaronse os sustos e as chapuzas.

Radionovela: Chocolate para sobrevivir

Pois si, Chocolate para sobrevivir, escrito por Lola Collazo e locutado por todo o equipo de Alejandría: Lucía, Martín, Julia, Ana, Thiago e máis a propia autora, Lola. Como invitado especial, Isaac, técnico de sonido. Se queredes disfrutar con esta historia de suspense con zombis incluídos, preme neste enlace.

No último cuadrimestre no club de lectura do Módulo 2 de adultos limos...

“Engancha dende o principio porque non podes parar de reírte”  “Lino nunha e non o puiden deixar! A miña filla miraba para min como se estviera tola por como me reía, así que o límos xuntas!!!  “Divertidísimo!!!”    “¡Ojalá hubiera una segunda parte!” ¡Te partes de risa y se lee enseguida! ¡Ya podían ser los libros obligatorios como este!”


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...