Saltar ao contido principal

Publicacións

Contos sobre erupcións volcánicas

O alumnado de 1º ESO foi do máis creativo á hora de escribir un conto no que o protagonista vive unha erupción volcánica. Aquí tedes os 5 mellores contos narrados polos seus autores; esperamos que os desfrutedes. Escoitar o podcast

Taller de poesía e ilustración

O pasado mes de novembro, a escritora e profesora de lingua castelá e literatura, María Míguez, en colaboración co equipo da biblioteca, levou a cabo un taller de poesía e ilustración con todo o alumnado de 2º de ESO. Partindo dunha composición creada poe ela mesma, o haikiño ilustrado (derivado a súa vez do haiku xaponés), os alumnos foron quen de crear a súa propia poesía ilustrada cuns resultados verdadeiramente sorrprententes e moi gratificantes como se pode apreciar nas imaxes desta entrada. Tras a súa exposición, foron seleccionados dez traballos ós que se lles otorgou un premio en forma de láminas e libros firmados pola propia escritora. A finalidade do taller estaba, por unha parte, en achegar ó alumnado dunha forma máis atractiva, ó xénero lírico, tema a desenvolver neste trimestre; e por outra, tratar de despertar a súa creatividade artística, cousa que se conseguiu sobradamente como podedes comprobar. Podedes ver unha galería de imaxes pulsando na imaxe. ...

Día contra a Violencia de Xénero

Desde o noso centro, e dun xeito especial desde a Biblioteca, participamos conmemorando o “ Día contra a Violencia de Xénero” nunha serie de actividades que pretenden concienciar e informar o alumnado na eliminación das violencias machistas. A nosa finalidade última é a concienciación dos nosos alumnos e alumnas para que se impliquen de forma activa nesta lacra social que cada día, aumenta. Para iso organizáronse unha serie de actividades onde os distintos departamentos e titorías colaboraron de xeito moi activo.  O alumnado de 1º ESO realizou un vídeo musical e os de 2º Bacharelato deileitáronnos cunha peza de teatro lido: Un berro na escuridade resaltando o papel da muller na sociedade. Todos os estudantes, acompañados dos titores, baixaron á biblioteca a visualizar estes traballos. Nos lugares comúns do instituto fixemos unha pegada de textos escritos polos propios alumnos onde se traballaban aspectos sobre posibles solucións para erradicar da nosa sociedade esta barbari...


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...