O
pasado mes de novembro, a escritora e profesora de lingua castelá e literatura,
María Míguez, en colaboración co equipo da biblioteca, levou a cabo un taller
de poesía e ilustración con todo o alumnado de 2º de ESO. Partindo dunha
composición creada poe ela mesma, o haikiño ilustrado (derivado a súa
vez do haiku xaponés), os alumnos foron quen de crear a súa propia poesía
ilustrada cuns resultados verdadeiramente sorrprententes e moi gratificantes
como se pode apreciar nas imaxes desta entrada. Tras a súa exposición, foron
seleccionados dez traballos ós que se lles otorgou un premio en forma de
láminas e libros firmados pola propia escritora.
A
finalidade do taller estaba, por unha parte, en achegar ó alumnado dunha forma
máis atractiva, ó xénero lírico, tema a desenvolver neste trimestre; e por
outra, tratar de despertar a súa creatividade artística, cousa que se conseguiu
sobradamente como podedes comprobar.
Podedes ver unha galería de imaxes pulsando na imaxe.
Comentarios
Publicar un comentario