Saltar ao contido principal

Publicacións

Día de Rosalía de Castro 2021

O IES ISIDRO PARGA PONDAL , centro moi comprometido co noso idioma, celebrou esta semana o “ Día de Rosalía de Castro 2021 ”. Para iso contou co apoio do alumnado e tamén dun grupo de ex-alumnos moi involucrados que realizaron unha serie de actividades encamiñadas a que toda a Comunidade Educativa puidese coñecer polo miúdo a figura da nosa poeta máis universal. Todas as actividades estiveron protagonizadas polo propio alumnado e coordinadas polos Departamentos de Lingua Galega, EDLG e a Biblioteca do centro. Comezouse cunha exposición sobre a homenaxeada que toda a Comunidade Educativa puido ver no taboleiro principal do centro. Nela inclúese unha liña histórica cos momentos relevantes da súa vida.      Expúxose ademais nunha vitrina da planta baixa unha ampla bibliografía da poeta.     Durante todos os días, emitiuse un podscat ás 8:45 e pola tarde ás 19:15 onde o alumnado de Bacharelato recitou poemas da autora. Podedes escoitar a versión com...

Entrevista a Verónica Bolón Canedo con motivo do 11 de febreiro

O xoves 11 de febreiro tivemos unha charla organizada pola iniciativa 11 de febreiro ( https://11defebrero.org/ ) que ten como obxectivo encher as axendas de actividades que conmemoren o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia promovendo prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico-tecnolóxico. Esta tertulia foi guiada pola carballesa Verónica Bolón Canedo, enxeñeira informática e profesora de Ciencia da Computación e Tecnoloxías da Información na Universidade da Coruña, recentemente galardoada cun dos premios Dona TIC na categoría de revelación polo seu traballo no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación outorgados pola Consellería de Políticas Dixitais e Administración Pública da Generalitat de Cataluña, dentro do pl an Dona TIC.   Ao rematar, Sara Cotelo e Sergio Amarelle (de 1º de Bacharelato) fixéronlle unha entrevista na radio Rebolondas do centro que podedes escoitar aquí. Ou tamén podedes velo na nosa canle de youtube ...

Conmemoración San Valentín

O 14 de febreiro celébrase en todo o planeta algo tan bonito como é o amor... o amor de calquera tipo, o amor familiar, amor fraternal, amor romántico ou a amizade. Desde a radio do centro, quixemos facer un podcast para conmemorar a data na que foi emitido o xoves 18 por ser o 14 domingo e ter a ponte de carnavales polo medio. Xoel, Nerea e Cintia de 1º Bacharelato Neste podcast quixemos contar a historia de San Valentín, a súa orixe así como facer fincapé nas outras formas de amar... e destacar que todas son válidas porque só así conseguiremos unha sociedade libre onde ninguén sufra polo simple feito de querer amar, así que facede caso ao voso corazón e ser fieis a vós mesmos.   Podedes escoitalo aquí:  

Actividades con motivo do 11 de febreiro - Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O xoves desta semana, é 11 de febreiro e conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Por iso, desde a biblioteca quixemos levar a cabo durante a semana varias iniciativas.  Panel con toda a exposición Nas vitrinas montamos unha exposición con libros de temática STEM para fomentar o estudo e ensino das ciencias e as matemáticas desde os primeiros anos da Educación Secundaria ata o Bacharelato   Vitrinas con libros Vitrinas con libros  No panel verde da entrada, colocáronse tres exposicións simultáneas. A primeira delas sobre diferentes mulleres contemporáneas divulgadoras de ámbito STEM (Ciencia, Tecnoloxía Enxeñería e matemáticas) que empregan redes sociais para levar a cabo este labor, e que vos aconsellamos seguir. A segunda sobre persoas LGTBI de ámbito científico que tamén realizan divulgación en ciencia dunha forma amena.  E unha terceira sobre mulleres inventoras e mulleres científicas xa falecidas que foron referentes en diferentes campos d...

Día da Non Violencia e da Paz (30 xaneiro de 2021)

O 30 de xaneiro, celebramos o Día da Non Violencia e da Paz con motivo do aniversario da morte de Mathama Gandhi (India, 1869-1948), avogado, político e activista do movemento da independencia da India e líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte a inxustiza e que foi asesinado por defender estas ideas. “Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño”. Mahatma Gandhi. Cada 30 de xaneiro lembramos a importancia de vivir nun mundo en paz, un dereito da infancia e de toda a humanidade. A educación na tolerancia, a solidariedade, a concordia e o respecto aos Dereitos Humanos, á non-violencia e a paz son motivos para recordar este día. Dende o IES Parga Pondal sumámonos á celebración deste día con diferentes actividades para concienciar ao noso alumnado da importancia da paz e dos valores do respecto, a tolerancia e a empatía. Así gravamos un podcast na nosa radio escolar, Rebolondas no que participaron Xosé Cameán, Lara Rabuñal e Alba Varela (4º E...

Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto (27 xaneiro de 2021)

O 27 de xaneiro é o Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto. O 27 de xaneiro conmemoramos a liberación en 1945 polas tropas soviéticas do campo de concentración e exterminio nazi de Auschwitz-Birkenau. Neste día lembramos o xenocidio ou asasinato en masa de case seis millóns de xudeus e doutras comunidades relixiosas, etnias e grupos minoritarios, como testemuñas de Xehová, xitanos, homosexuais ou persoas con discapacidades durante a 2ª Guerra Mundial. O Holocausto foi o maior xenocidio do século XX, un exterminio étnico levado a cabo polo estado nazi alemán, liderado por Adolf Hitler. Este xenocidio masivo comezou con políticas discriminatorias e segregación nos guetos das cidades e rematou coa deportación de miles de persoas a campos de exterminio onde foron "eliminados". É importante coñecer a historia e render homenaxe ás miles de persoas que morreron nos campos de concentración nazi, máis aínda cando estamos asistindo na actualidade a un...

COLABORACIÓN NA RADIO DO IES PERDOURO DE BURELA

Por outro lado, cada mércores, o alumnado do IES Perdouro de Burela, dentro do chamado Proxecto Neo, realiza un programa de radio de 1 hora de duración. O pasado 23 de decembro elaboraron un programa especial realizado en colaboración con dúas comunidades educativas: a do Instituto Monte Castelo, de Burela; e a do Isidro Parga Pondal, de Carballo.   Do noso centro, participaron Lola Collazo Couto, Thiago da Silva Maneiro e Lucía García Deus, os tres alumnos de 3º ESO A. Da produción ocupáronse as profesoras María do Carmo Cociña (IES Monte Castelo) e Lorena Suárez (IES Isidro Parga Pondal). Podedes escoitar o podcast aquí: http://proxectoneo.blogspot.com/2020/12/proxecto-neo-30310-programa-especial.html?m=1   Thiago, Lucía e Lola

DIDÁCTICA EXPANSIVA EN HOMENAXE A RICARDO CARVALHO CALERO

O IES do Milladoiro tivo a idea de facer unha lectura expansiva de diferentes obras do homenaxeado deste ano no Día das Letras Galegas, o escritor Ricardo Carvalho Calero. A idea xurdiu no centro, pero axiña se xuntaron uns 31 centros que enviaron lecturas de diferentes fragmentos da obra de Calero. Do IES Isidro Parga Pondal, participou Thiago Da Silva Maneiro, de 3º ESO A, que leu un poema do autor.   Entre todos, realizaron un programa que podedes escoitar aquí: http://modeloburela.blogspot.com/2020/12/didactica-expansiva-en-homenaxe-ricardo.html?m=1    

Publicación Palabra Galega Ano 2020

O 28 de decembro, deuse a coñecer a Palabra galega do Ano 2020, a elixida foi, Nós. A votación foi promovida pola RAG e a Fundación Barrié a través do Portal das Palabras. Esta voz reflicte moito máis cá referencia ao pronome persoal. Alude á xeración de intelectuais que traballaron por modernizar Galicia e a necesidade de implicación colectiva para superar a pandemia. A nós encántanos, e a vós?

Charla ó alumnado de 2 de Bacharelato a cargo de antigas alumnas do centro

O pasado venres 18 de Decembro, o equipo da Biblioteca do noso centro organizou unha charla motivacional, a petición do Departamento de Orientación, para o alumnado de 2 de bacharelato de cara a axudarlles a afrontar este curso tan importante. Na charla  participaron tres antigas alumnas da promoción do ano pasado: Aida Duarte, Saray Gende e Elena Fariña que aceptaron encantadas o reto de contar a súa experiencia e tentar  motivar e resolver as dúbidas dos seus compañeiros.   Durante dúas horas, unha para cada un dos grupos de bacharelato, contáronlles a súa experiencia sobre como preparar e estudar de cara a preparación das ABAU, como levaron e afrontaron o estudo en tempo de pandemia así como consellos sobre a proba en si.    


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...