Saltar ao contido principal

Publicacións

Entrevista a Pablo Iglesias (ex-alumno) con motivo do seu premio excelencia da Universidade da Coruña

Desde o noso centro, e concretamente desde a nosa Radio Rebolondas, realizamos unha entrevista ao exalumno Pablo Iglesias co motivo do galardón recibido   neste ano tan insólito para todos nós. Trátase do Premio Excelencia da Universidade da Coruña á mellor nota   de admisión nos Graos do curso 2020-2021. Pablo foi alumno do noso centro durante seis anos e agora está realizando un Grao de Educación Primaria.  Pablo recollendo o premio É un estudante brillante e así o demostra a súa Matricula de Honra en 2º de Bacharelato, pero se temos que destacar algo máis có estritatamente académico temos que resaltar   a súa solidariedade, o seu   respecto e o seu saber estar.   Para toda a Comunidade Educativa é un privilexio e por suposto un orgullo   que un alumno reciba un premio destas características. Na entrevista tratamos de coñecer “in situ” o que significou para Pablo este recoñecemento e as vivencias que experimentou no Parga Pondal. Do mesmo xei...

Concurso de fotografía "Ecosistemas da contorna"

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía en colaboración coa Biblioteca convoca un CONCURSO DE FOTOGRAFÍA para o alumnado de 4º ESO que cursa a materia de Bioloxía e Xeoloxía. O tema das fotografías será ECOSISTEMAS DA CONTORNA. Con esta actividade preténdese concienciar ao alumnado da importancia que ten o medio ambiente.  A perda de ecositemas está privando ao mundo de sumidoiros de carbón, como os bosques e as turbeiras. As emisións globais de gases de efecto invernadoiro aumentaron durante tres anos consecutivos e o planeta está a un paso dun cambio climático catastrófico. A perda de ecosistemas implica que se reduza o hábitat natural para os animais, creándose así as condicións idóneas para que os patóxenos, incluidos os coronavirus, se propaguen.

Día Internacional do libro (23 abril)

O venres, 23 de abril conmemórase o día internacional do libro. O 23 de abril é a data na que faleceron grandes literatos como William Shakespeare, Miguel de Cervantes ou Garcilaso de la Vega entre outros. Por iso esta data ten moita importancia para a literatura universal e foi elexida pola Conferencia Xeral da UNESCO para facer unha homenaxe mundial ao libro e tamén aos seus autores. O obxectivo desta conmemoración é alentar aos máis novos a decubrir o pracer da lectura. É importante que o hábito de ler se adquira a idades temperás xa que aporta moitísimos beneficios como por exemplo: facilita a comunicación, aumenta a curiosidade e o coñecemento, desperta a imaxinación, activa a memoria, estimula a concentración….permitíndonos crecer como persoas.   Unha das actividades propostas dende o IES Isidro Parga Pondal   foi pegar vinilos co título de libros e os seus autores nos chanzos das escaleiras, dende a entrada ata o segundo andar. O obxectivo desta actividade é estim...

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2021

Como xa sabedes, o 8 de marzo celébrase o día internacional da muller. No noso instituto conmemorámolo cunha exposición de poemas de Lola Collazo (3° ESO A) acompañados das preciosas ilustracións de Celia Botana (3° ESO C). Ditos poemas, están inspirados na obra da poeta, ilustradora e autora canadiense de orixe india Rupi Kaur (@rupikaur_). Por outra banda, podedes achegarvos ao panel de exposición para ver os demáis carteis que seleccionamos para vós e tamén podedes ver nas vitrinas unha escolma de libros de todo tipo relacionados co tema.   O alumnado de 4º ESO quixo homenaxear as “mulleres traballadoras da súa vida”. Avoas, nais, amigas … , “brillantes activistas da vida cotiá”, mulleres loitadoras que deixarán unha pegada imborrable na historia da súa vida. Esta é unha pequena selección destes traballos. E para rematar, aquí tendes un pequeno video de rapaces e rapazas que nos contan que pensan do feminismo, machismo ou a violencia machista. Aínda que non é noso, no...

Loitando contra o acoso escolar

N a súa loita contra o acoso escolar o IES Isidro Parga Pondal puxo un graíño máis de área, na semana do 1 de marzo, para facer visible este problema tan importante coa colocación de vinilos con mensaxes educativas e motivadoras para o alumnado, como, por exemplo: “A única discriminada debe ser a violencia” ou “Non o permitas. Actúa!”. Esta idea partiu do equipo da biblioteca, que usou como inspiración imaxes atopadas nas redes sociais para facer os diferentes carteis. Os diferentes vinilos foros colocados en espazos comúns do centro como son as escaleiras ou o corredor. que vai á cafetería. Ademais, quixeron facer un vinilo especial para loitar contra un dos tipos de acoso escolar máis grave que é o acoso pola orientación sexual. Deste xeito, fixeron un vinilo cunhas ás acompañado do texto “Que ninguén che corte nunca as ás” que colocaron no espazo entre o patio e a cafetería para que poida ser usado como photocall por todo o alumnado do centro e que serva de lembranza: NUNCA ningué...


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...