Saltar ao contido principal

Publicacións

Faite un bookface e leva un premiazo!

Na Biblioteca Rebolo organizamos un concurso co motivo da celebración do día Internacional do Libro (23 de Abril).  O Bookface é a arte de fundirse coa portada dun libro. Consulta as bases que tedes máis abaixo e amimádevos todxs a participar! Hai moitos premios en xogo!    

CONCURSO DE LAPBOOKS

Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego xa estamos pensando nas próximas celebracións. Así que aí vai un concurso de lapbooks para conmemorar o próximo Día do Libro. Animádevos a participar! Esperamos os vosos lapbooks!    

Actividades 8M

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, un día para loitar pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade.  No noso centro quixemos conmemorar este día con varias actividades. Nas vitrinas puxemos unha escolma de libros de todo tipo relacionados co tema. O alumnado de Valores Éticos de 4º ESO tamén participou na conmemoración deste día realizando uns traballos sobre a Igualdade de xénero dos que vos deixamos unha selección nestas imaxes: Por outra banda podedes achegarvos ao taboleiro da entrada do noso centro onde hai diferentes viñetas e carteis do Día Internacional da Muller, un deles realizado polo alumno de 4º ESO B: Sergio Caamaño Novo. Ademais neste taboleiro tamén están expostos algúns dos traballos realizados polo alumnado de 3º ESO: “ A muller traballadora da túa vida”. O alumnado de 3º ESO homenaxeou as “mulleres traballadoras da súa vida”: avoas, nais, irmãs, amigas … , “brillantes activistas da vida ...

Premios concurso de cantigas de Entroido

Xa temos o alumnado premiado no Concurso de cantigas de Entroido convocado polo EDLG en colaboración coa Biblioteca e co Departamento de Lingua Galega. CATEGORÍA A: 1o premio: UXÍA MARROZOS LOUREIRO. 3o ESO B.  2o premio: PAULA PÉREZ LAVANDEIRA. 3o ESO A.  Accésit: CAYETANA PARDIÑO ANDRADE. 3o ESO D. CATEGORÍA B: 1o premio: CRISTINA CORZÓN VERES. 4o ESO A.  2o premio: ANA MUÑIZ SUÁREZ. 4o ESO B.    Parabéns ás gañadoras e graciñas a todo o alumnado que participou! (Tedes acceso ás cantigas gañadoras, facendo clic aquí ).  

Premiados/as concurso cartas de amor

Xa temos o alumnado premiado no Concurso de cartas de amor convocado polo EDLG en colaboración coa Biblioteca e co Departamento de Lingua Galega. CATEGORÍA A:  1º premio:BRUNO POMBO ÁLVAREZ. 3º ESO D.  2º premio: ANGÉLICA J. VARELA PARDO. 3º ESO B.  Accésit: NURIA VILANOVA LAMAS. 3º ESO A.      CATEGORÍA B:  1º premio: THIAGO DA SILVA MANEIRO. 4º ESO A.  2º premio: SARA GENDE LONGUEIRA. 4º ESO A.  Accésit: JULIA CAAMAÑO GARCÍA. 4º ESO B.      Parabéns aos gañadores e graciñas a todo o alumnado que participou!  Tedes acceso as cartar gañadoras, facendo click aquí .  

Actividades pola Memoria e a Paz

En lembranza do día en Conmemoración das vítimas do Holocausto (27 de xaneiro) e do Día da Paz Escolar a non violencia (30 de xaneiro), dende o noso centro quixemos crear un espazo de reflexión con toda a comunidade educativa coa finalidade de que o paso do tempo non diminuíra o horror acontecido e que nunca chegue a xustificarse algo así. Alén de ser un compromiso coa defensa da Paz e do entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar. Ao longo da semana, escoitouse unhas citas de diferentes personaxes na boca de distintos membros da nosa comunidade educativa, gravados na Radio Rebolo, co obxectivo de invitar á reflexión. O alumnado de 4º de ESO da materia de Valores Éticos recolleu esas frases que foron colocadas no hall do instituto xunto á exposición de Francesc Boix, coñecido como o fotógrafo de Mauthausen. O pasado luns 14 de febreiro tivemos connosco a Carmen García-Rodeja Arriví, profesora de Historia e membro da Asociación para a Recuperación da Memori...

Curso de Resolución de conflictos na aula

Mirade que bonita ficou a nosa biblio Rebolo para facer o curso de Resolución de conflictos na aula! Este curso foi impartido polo profesor Juan Vaello e realizouse de forma presencial e online. Non dubidedes en pasarvos pola vosa súper biblio para facervos con algún exemplar dos libros de este especialista en ensino!    

CONCURSO DE CANTIGAS DE ENTROIDO 2022

Desde o EDLG, o Departamento de Galego e a Biblioteca convocamos por segundo ano consecutivo o Concurso de cantigas de Entroido. Gustaríanos que o alumnado do IES Parga Pondal demostrase a súa creatividade e enxeño escribindo cantigas relacionadas co Entroido e coplas satíricas sobre personaxes e temas actuais. Anímate e participa!  

CONCURSO DE CARTAS DE AMOR

Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego xa estamos pensando nas próximas celebracións. Así que aí vai un concurso de cartas de amor para festexar a Candeloria ( o día no que casan os paxariños) e o Día dos namorados. Animádevos a participar! Esperamos as vosas cartas!    

Concurso postais Nadal

Xa temos o alumnado premiado no Concurso de postais de Nadal 2021 convocado polo EDLG en colaboración coa Biblioteca e cos Departamentos de Artes Plásticas e de Lingua Galega. 1º premio: REBECA GÓMEZ CUNS. 1º BACHARELATO B.  2º premio: UXÍA MARROZOS LOUREIRO. 3º ESO B.  3º premio: SARAY GENDE COLLAZO. 1º ESO E. Parabéns ás tres gañadoras e graciñas a todo o alumnado que participou!   


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...