Saltar ao contido principal

Actividades 8M

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, un día para loitar pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade. 

No noso centro quixemos conmemorar este día con varias actividades.

Nas vitrinas puxemos unha escolma de libros de todo tipo relacionados co tema.




O alumnado de Valores Éticos de 4º ESO tamén participou na conmemoración deste día realizando uns traballos sobre a Igualdade de xénero dos que vos deixamos unha selección nestas imaxes:




Por outra banda podedes achegarvos ao taboleiro da entrada do noso centro onde hai diferentes viñetas e carteis do Día Internacional da Muller, un deles realizado polo alumno de 4º ESO B: Sergio Caamaño Novo. Ademais neste taboleiro tamén están expostos algúns dos traballos realizados polo alumnado de 3º ESO: “ A muller traballadora da túa vida”.







O alumnado de 3º ESO homenaxeou as “mulleres traballadoras da súa vida”: avoas, nais, irmãs, amigas … , “brillantes activistas da vida cotiá”, mulleres loitadoras que deixarán unha pegada imborrable na historia da súa vida. Podedes ler unha selección destes traballos facendo clic aquí:

https://issuu.com/sabelca/docs/a_muller_traballadora_da_mi_a_vida_ea52fa0437311f

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...