Saltar ao contido principal

Publicacións

Exposición Día das Letras Galegas

      Este curso está a ser un pouco de tolos con todas as actividades así que este ano decidimos conmemorar este día cunha escolma de obras dalgúns dos  homenaxeados  no día das Letras Galegas, xunto cunha exposición da vida e obra do homenaxeado este ano 2022 : Florencio Delgado Gurriarán. Esperamos que a  disfrutedes, xa que aínda a podedes atopar na entrada do noso instituto.          Deixámosvos aquí un vídeo sobre a obra e vida deste insigne autor das nosas letras:

O noso club de lectura xD

          Mais vale tarde que nunca! Non nos esquecemos do noso MARAVILLOSO CLUB DE LECTURA FÁCIL. Ben é certo que non subimos nada ao blog durante moito tempo, mais aquí temos unha foto do noso alumnado e a nosa compañeira e coordinadora do club, Mar Eirís., PT do noso insti. Viva o club Alejandría!    

POSTER DE ROSALÍA, POETA GALEGA

         Como xa sabedes o 23 de febreiro é o día adicado a nosa queridísima e marabillosa poeta Rosalía de Castro. No noso insti quixemos facerlle unha pequena homenaxe e colocamos este póster feito por  @ssissimon        É chulísimo, verdade? Así unha das nosas poetas estará todavía máis presente no noso centro acompañándonos no camiño ás nosas aulas.

Gañadores/as do concurso literario do día das Letras Galegas

Xa temos o alumnado premiado no Concurso Literario “Eu son Florencio Delgado Gurriarán” convocado con motivo do Día das Letras Galegas: CATEGORÍA A:  1º premio: NURIA MIRIAM ALIM. 3º ESO B.  2º premio: JUDITH AÑÓN CARRACEDO. 3º ESO B.    CATEGORÍA B:  1º premio: LOLA COLLAZO COUTO. 4º ESO A.  2º premio: (declarado deserto).    Parabéns aos gañadores e graciñas a todo o alumnado que participou!  Aquí tendes os relatos gañadores.    

Gañadoras/es Concurso BOOKFACE

Co gallo do “ Día Internacional do Libro”, 23 de abril de 2022, organizamos desde a “Biblioteca Rebolo “ o concurso “ Faite un bookface”. Moitas grazas a todos os participantes. Os gañadores resultaron ser: CATEGORÍA B Marisol Varela Busto.  CATEGORÍA A  1º Premio: Ílian Rodríguez Martínez  2º Premio: Brais Pensado Alberti. 3º Premio: Alicia Martínez Pérez.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

Este ano a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras Galegas ao escritor, editor literario e activista político e cultural do exilio galego en México: Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987). . Florencio Delgado Gurriarán naceu en Córgomo, concello de Vilamartín de Valdeorras, en agosto de 1903. Dende neno, e por mor do traballo do seu pai, perito agrónomo, pasou por continuos traslados, residindo en cidades como Ourense, Palencia ou Valladolid, regresando a Valdeorras en 1928. En Valladolid comezou Florencio a súa formación política ao descubrir, a finais dos anos 20, un exemplar do xornal A Nosa Terra no que se difundía o ideario das Irmandades da Fala. En 1930 constitúese a Irmandade Galeguista Valdeorresa, na que Florencio é elixido vogal por Córgomo e, en 1933, ingresa como militante no Partido Galeguista, acompañando a Otero Pedrayo e a Alexandre Bóveda nos seus mitins pola bisbarra valdeorresa. O comezo da Guerra Civil, o 18 de xullo de 1936, pillou a Florencio en V...

Gañadores/as do Concurso de LAPBOOKS

Xa temos o alumnado premiado no Concurso de Lapbooks convocado con motivo do Día do Libro: CATEGORÍA A: 1º premio: ÁNGEL SUÁREZ LOUREIRO. 1º ESO C.  2º premio: LUCÍA VILARES SOUTO. 1º ESO C.  Accésit: SARAY GENDE COLLAZO. 1º ESO E.  CATEGORÍA B:  1º premio: UXÍA MARROZOS LOUREIRO. 3º ESO B.  2º premio: LOLA COLLAZO COUTO. 4º ESO A. Parabéns aos gañadores e graciñas a todo o alumnado que participou!   

CONCURSO LITERARIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego organizamos un concurso literario para conmemorar o vindeiro Día das Letras Galegas. Neste concurso o alumnado do IES Parga Pondal poderá demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e exercitar a súa imaxinación para crear historias. Animádevos a participar!   

Faite un bookface e leva un premiazo!

Na Biblioteca Rebolo organizamos un concurso co motivo da celebración do día Internacional do Libro (23 de Abril).  O Bookface é a arte de fundirse coa portada dun libro. Consulta as bases que tedes máis abaixo e amimádevos todxs a participar! Hai moitos premios en xogo!    

CONCURSO DE LAPBOOKS

Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego xa estamos pensando nas próximas celebracións. Así que aí vai un concurso de lapbooks para conmemorar o próximo Día do Libro. Animádevos a participar! Esperamos os vosos lapbooks!    


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...