Saltar ao contido principal

Publicacións

Presentación da Biblioteca Rebolo ao alumnado de 1º ESO

  Presentación Biblioteca Rebolo       Nos inicios do mes de outubro, unha vez xa comezado o curso e a adaptación do novo alumnado ao seu novo centro, os e as raparigas de 1º ESO asistiron tamén á presentación da nosa biblioteca "Rebolo" para informarse do funcionamento da mesma e coñecer os seus servizos como usuarios/as. Nesta presentación informámolos tamén sobre a posibilidade de formarse como alumnado axudante da biblioteca. O noso centro forma parte do programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, integrado no PLAN LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe). Así pois, todo aquel alumnado intenresado poderá participar nas diferentes tarefas que se desenvolven na Biblioteca Rebolo, tamén aquelas relacionadas coa dinamización da biblioteca, para comezar a súa formación como novos/as bibliotecarios.   Velaí vos deixamos unha mostra da visita que realizaron!

Sen contaminación por plásticos

  O día 5 de xuño celébrase o “ Día Mundial do Medio Ambiente”, o lema deste ano é “ Sen contaminación por plásticos ”. Para conmemorar esta data, o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO, elaborou carteis que están expostos na entrada do centro. Ademais realizaron vídeos para concienciar da importancia de reducir o uso dos plásticos. Con estas actividades agardamos contribuír á formación de cidadáns máis respectuosos cos ecosistemas do noso planeta.    

PREMIADOS CONCURSO LITERARIO

 Xa temos o alumnado premiado no Concurso Literario “Eu son Francisco Fernández del Riego” convocado con motivo do Día das Letras Galegas:  CATEGORÍA A: 1º premio: CANDELA GERPE BARBEIRA. 2º ESO D. 2º premio: SARAY GENDE COLLAZO. 2º ESO C. 3º premio: VALERIA DOMÍNGUEZ COSTA. 2º ESO D. CATEGORÍA B: 1º premio:  PAULA VARELA MATA. 4º ESO A. 2º premio: LOLA COLLAZO COUTO. 1º BACHARELATO B. 3º premio: NURIA MIRIAM ALIM. 4º ESO A Parabéns ás gañadoras e graciñas a todo o alumnado que participou! Aquí tendes os relatos gañadores.

PREMIADOS CONCURSO LAPBBOKS

 Xa temos o alumnado premiado no Concurso de Lapbooks convocado con motivo do Día do Libro:  CATEGORÍA A: 1º premio: LUCÍA VILARES SOUTO. 2º ESO A. 2º premio: SARAY GENDE COLLAZO. 2º ESO C 3º premio: JAVIER RODRÍGUEZ TAIBO. 2º ESO C CATEGORÍA B: 1º premio: UXÍA MARROZOS LOUREIRO. 4º ESO B. 2º premio: LUCÍA VIEITES LORENZO. 4º ESO B. 3º premio: ANGÉLICA J. VARELA PARDO. 4º ESO B Parabéns aos gañadores e graciñas a todo o alumnado que participou! 

CONCURSO LITERARIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

  Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego organizamos un concurso literario para conmemorar o vindeiro Día das Letras Galegas. Neste concurso o alumnado do IES Parga Pondal poderá demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e exercitar a súa imaxinación para crear historias. Animádevos a participar!   
 Co gallo do " Día mundial da auga" celebrado o día 22 de marzo, a Biblioteca Rebolo da man da nosa compañeira de equipo, Esther Bértoa, e o seu alumnado de 1º ESO, realizaron unha " chuliísima " exposición para concienciarnos da importancia deste ben tan escaso. Velaquí unha pequena escolma do seu estupendo traballo.
 Mirade, reboleiros, por fin publicamos xa fotos do noso queridísimo club de lectura. desculpade a tardanza pero estamos " a mil " porque nos encanta. Aí van...

NOVO RECUNCHO DE LECER NA VOSA BIBLIOTECA FAVORITA!!!!!

  Antes destas vacacións puidemos estrear un recunchiño moi especial na nosa animada biblioteca. Cambiamos radicalmente o "recuncho de lecer" porque o outra quedara pequerrecho e gastadiño. Agora tedes un sitio súper xenial para seguir disfrutando da vosa querida biblioteca. Vinde reboleiros! A que esperades!?

OBRADOIRO 8 M : "NOVAS MASCULINIDADES"

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, un día para loitar pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade .  No noso centro quixemos conmemorar este día con varias actividades. Dende o CIM do Concello de Carballo foi desenvolvido un obradoiro denominado “Novas masculinidades” para o   alumnado de 1º de Ciclo Superior de   Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR)

Fai un bookface e gaña un premiazo!

Na Biblioteca Rebolo organizamos novamente un concurso co motivo da celebración do día Internacional do Libro (23 de Abril).  O Bookface é a arte de fundirse coa portada dun libro. Consulta as bases que tedes máis abaixo e amimádevos todxs a participar! Hai moitos premios en xogo!  Trátase de dar a coñecer o teu libro favorito tratando de encaixar a túa cara ou outra parte do corpo, con máis ou menos técnica, graza e imaxinación. Que precisas? O teu libro favorito e o un teléfono móbil. Datos : nome e apelidos Entrega e data límite : As fotografías deberán ser enviadas por correo electrónico a bibliotecarebolo@gmail.com ata o luns de 17 de abril de 2023. Serán publicadas nas redes sociais da biblioteca e haberá unha exposición no hall do noso centro. HABERÁ UN PREMIAZO!!!!! CATEGORÍA A: Alumnado do centro dende 1º ESO a 2º de BAC, Adultos e Ciclos Formativos. CATEGORÍA B: Resto da Comunidade Educativa do ...


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...