Saltar ao contido principal

Presentación da Biblioteca Rebolo ao alumnado de 1º ESO

 

Presentación Biblioteca Rebolo

 

Nos inicios do mes de outubro, unha vez xa comezado o curso e a adaptación do novo alumnado ao seu novo centro, os e as raparigas de 1º ESO asistiron tamén á presentación da nosa biblioteca "Rebolo" para informarse do funcionamento da mesma e coñecer os seus servizos como usuarios/as.

Nesta presentación informámolos tamén sobre a posibilidade de formarse como alumnado axudante da biblioteca. O noso centro forma parte do programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, integrado no PLAN LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe). Así pois, todo aquel alumnado intenresado poderá participar nas diferentes tarefas que se desenvolven na Biblioteca Rebolo, tamén aquelas relacionadas coa dinamización da biblioteca, para comezar a súa formación como novos/as bibliotecarios.

 

Velaí vos deixamos unha mostra da visita que realizaron!




Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...