Saltar ao contido principal

Publicacións

A muller no deporte: charla das nosas alumnas deportistas (8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora)

 As mulleres deportistas levan moito tempo loitando pola súa visibilidade e pola non discriminación. Posto que o número de alumnas deportistas do noso centro é amplo, e os deportes que practican variados, quixemos contar co seu testemuño. Así pois, alumnas de 3º e 4º da ESO falárolle ao noso alumnado de 1º da ESO sobre o deporte que practican, as súas condicións de adestramento e sobre as diferenzas entre os equipos e os partidos masculinos e femininos.     Moitas grazas ao Departamento de Educación Física pola súa activa colaboración co equipo de Biblioteca na organización desta charla para conmemorar o Día Internacional da Muller, centrado neste caso na muller deportista!

A violencia de xénero: Noelia Míguez fálanos do tema e presentamos o seu libro (8 de marzo, Día Internacional da Muller; 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller)

Para conmemorar o Día internacional da Muller (8 de marzo), pero sen esquecer a violencia machista que esta sofre (lembramos que o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller é o 25 de novembro), o 18 de marzo estivo no noso centro Noelia Míguez para falarnos sobre a violencia de xénero, os diferentes tipos e mostrarnos casos reais, partindo da súa experiencia persoal.  Noelia explicoulles ao noso alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, desde a primeira persoa, o que vive e sofre unha vítima de violencia de xénero. E presentounos o seu libro, Ocho señales. Cuestión de vida o muerte , onde relata, desde esa vivencia persoal, o maltrato sufrido e o seu proceso físico e psicolóxico ao longo dese tempo. Na Biblioteca Rebolo temos algúns exemplares que se poden coller para ler e que vos recomendamos!!                            

A muller traballadora da miña vida

  No Día Internacional da Muller Traballadora o alumnado de 2º ESO quixo homenaxear as “mulleres traballadoras das súas vidas”. Avoas, nais, amigas … , mulleres loitadoras que fixeron fronte a unha vida dura, que nos apoian e apoiaron sempre cun amor incondicional, mulleres que traballan na casa e fóra, mulleres que deixan unha pegada imborrable nas nosas vidas. O noso recoñecemento ás “brillantes activistas da vida cotiá” porque dende sempre as mulleres foron, son e serán un piar fundamental da nosa sociedade. Podedes ver algúns dos seus traballos clicando no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesisidropargapondal/node/1199

8 M

Aquí vos deixamos o símbolo que hoxe nos une a todas para que lle peguedes a frase ou lema que queirades compartir con toda a comunidade educativa!!!! Ademais, na entrada podedes ver os traballos que o noso alumnado de 2º da ESO realizou sobre a muller traballadora da súa vida!!! Esperamos que desfrutedes con eles  porque son moi interesantes!!!!

Alumnado premiado no Concurso de cantigas de Entroido

 O EDLG, coa colaboración do equipo da biblioteca, organizou un "Concurso de cantigas de entroido" no que o noso alumnado, ademais de mostrar a súa creatividade literaria, nos mostrou a súa particular vivencia desta tradición! Un xurado, formado por membros do Equipo da Biblioteca, decidiu o alumnado premiado no Concurso de cantigas de Entroido. CATEGORÍA A: 1º premio: NURIA PENA TRIGO . 2º ESO C. 2º premio: SARAI FRANCO ROJO. 2º ESO D. 3º premio: HUGO NEGREIRA GARCÍA. 2º ESO A. CATEGORÍA B: 1º premio: DELIA ANTELO SIMÓN. 4º ESO A . 2º premio: CELIA QUEIJO CAMBÓN . 4º ESO A . 3º premio: JULIA GARCÍA VILAR. 4º ESO A. Parabéns á s e aos gañadores  e graciñas a todo o alumnado que participou e que demostrou a súa creatividade e enxeño escribindo cantigas relacionadas co Entroido e coplas satíricas sobre personaxes e temas actuais. Podedes ver unha selección das mellores cantigas nun taboleiro na entrada do instituto.   Neste enlace podedes consultar os te...

Celebramos á nosa Rosalía!!! 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro

   A Biblioteca Rebolo, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Galego do noso centro quere conmemorar o nacemento dunha das grandes da literatura galega e recordarlle ao noso alumnado a súa importancia na historia. Así, o alumnado recompilou diferentes poemas da autora e información da súa pegada tanto na literatura galega, como na castelá. Unha muller comprometida, tamén, coas mulleres, faceta que non queremos esquecer na proximidade dunha data tan importante coma o 8M.  Aquí vos deixamos unha pequena lembranza dunha grande entre as grandes!!!!

Alumnado premiado no Concurso de cartas de amor

 Xa temos o alumnado premiado no Concurso de cartas de amor convocado polo EDLG en colaboración coa Biblioteca e co Departamento de Lingua Galega. CATEGORÍA A: 1º premio: MARÍA LOBERA LISTA. 2º ESO D. 2º premio: HUGO BARDANCA VILLAVERDE. 2º ESO D. 3º premio: ARANCHA COTELO MUÍÑO. 2º ESO C. CATEGORÍA B: 1º premio: NOA FRAGA SANDE. 4º ESO A. 2º premio: JULIA GARCÍA VILAR. 4º ESO A. 3º premio: CELIA QUEIJO CAMBÓN. 4º ESO A. Parabéns ás/aos gañadores/as! Graciñas a todo o alumnado que participou e un agradecemento especial ao xurado que tivo unha ardua tarefa na lectura das numerosas cartas e na decisión dos/as gañadores/as.

Premiados/as do concurso de crêpes

 Despois de deixarnos os bandullos cheos, o alumnado gañador recibiu a súa recompensa. Aquí volos deixamos!

Degustamos as crêpes do noso alumnado!!!!

 O noso alumnado deixounos unha boa mostra dos seus dotes culinarios na gran participación no concurso de crêpes organizado polo Departamento de francés, o EDLN e a Biblioteca.  Aquí vos deixamos a mostra do que puido saborear o xurado, o alumnado que pasou pola biblioteca na hora do recreo e o profesorado!!!

Día da Candeloria – La Chandeleur 2 de febreiro

  Día da Candeloria – La Chandeleur 2 de febreiro O Departamento de Francés, a Biblioteca Rebolo e o EDLG queremos celebrar con vós o Día da Candeloria - La Chanceleur degustando. -A primeira hora (venres 2 de febreiro) , deixa a túa crêpe ou filloa na biblioteca do centro. -Ao lado dela, nun papeliño dobrado ou dentro dun sobre , o teu nome cos apelidos e curso (non pode estar visible o nome para que o xurado sexa imparcial). -No recreo , poderemos apreciar todas e todos as vosas crêpes . Ademais, un xurado imparcial puntuará as vosas propostas. -Haberá tres premios para os tres primeiros clasificados . Aquí vos deixamos, por se queredes ideas para a elaboración das crêpes , unha receita e un e n lace a un vídeo!!! https://www.youtube.com/watch?v=UGsvfsrP2fo


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...