Saltar ao contido principal

Publicacións

23 de abril, Día Internacional do Libro. A amiga invisíbel tráenos un libro!!

 O 23 de abril celebramos o Día Internacional do Libro. Con motivo desta celebración, e aproveitando o gusto pola lectura e o fomento da mesma entre o noso equipo docente e PAS, decidimos desde a Biblioteca Rebolo e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega realizar un/ha amigo/a invisible e agasallármonos cun libro!  Aquí vos deixamos unha mostra da ilusión coa que os recibimos! 

O noso alumnado conmemora con nós o Día Internacional do Libro con moita imaxinación e creatividade!!!

 Para conmemorar o 23 de abril, Día Internacional do Libro, o noso alumnado botou man da imaxinación e creatividade. A través de dúas propostas. Dunha banda, o noso alumnado de 1º e 2º da ESO, a proposta do equipo da Biblioteca Rebolo e do Equipo de Dinamización da Lingua traballou nas sesesión de titoría con diferentes propostas de poemas e fixeron a súa interpretación persoal a través dun debuxo!       Ademais, con motivo dun concurso de lapbooks, deixáronnos unhas propostas ben creativas e orixinais dos seus libros favoritos. Aquí vos deixamos unha mostra!!!!!

Concurso de lapbooks para conmemorar o vindeiro Día do Libro

Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego xa estamos pensando nas próximas celebracións. Así que aí vai un concurso de lapbooks para conmemorar o vindeiro Día do Libro. Animádevos a participar! Esperamos os vosos lapbooks! Bases do concurso:

Club de lectura: 22 segundos

Desde a Biblioteca Rebolo, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, promovemos a lectura inclusiva, polo que formamos un Club de lectura con alumnado de diferentes grupos, niveis e intereses, e con propostas diversificadas para eles. Aquí unha mostra do libro que desfrutou o noso alumnado de PDC, 22 segundo , de Eva Mejuto. A través da súa lectura dramatizada, o alumnado asistiu ao relato, en primeira persoa, do proceso vivido por un rapaz que non sabía o que estaba acontecendo coa súa propia identidade sexual. Recomendámosvos esta lectura, tanto para traballar coa cativada como para deleite persoal!!!

Charla Xurxo Souto

O noso compañeiro Xurxo Souto, cunha grande actividade sociocultural e literaria como nos informaron as súas alumnas de latín de 2º de bacharelato, ofreceu unha charla ao noso alumnado de 1º e 2º de bacharelato onde lles amosou a relación da poesía e da música na literatura galega. Así tamén, explicoulles a importancia de Luísa Villalta (homenaxeada estea ano no Día das Letras Galegas) na nosa literatura e a súa relación coa música. Acabamos esta a charla cunha mostra do que é a literatura bravú, subxénero literario do que é un dos grandes representantes. Na nosa biblioteca dispoñemos da súa obra, e animámosvos a todos e todas a que a leades!!! Moitas grazas ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega, ao Departamento de galego e ao equipo da Biblioteca pola súa colaboración, e sobre todo ás súas alumnas de latín que nos amosaron as a relación de Xurxo coa escrita, coa música e co audiovisual galego!!!

Charla sobre as bases dunha alimentación saudable (7 de abril, Día Mundial da Saúde)

 O 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde, por iso hoxe está no noso centro Julieta Rey Garrido, dietista e farmacéutica, para falarlle ao noso alumnado de 4° da ESO sobre as bases da alimentación saudable e, ao mesmo tempo, desmontar algúns mitos alimentarios. Moitas grazas ao Departamento de Educación Física pola súa colaboración co equipo da Biblioteca!

A muller no deporte: charla das nosas alumnas deportistas (8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora)

 As mulleres deportistas levan moito tempo loitando pola súa visibilidade e pola non discriminación. Posto que o número de alumnas deportistas do noso centro é amplo, e os deportes que practican variados, quixemos contar co seu testemuño. Así pois, alumnas de 3º e 4º da ESO falárolle ao noso alumnado de 1º da ESO sobre o deporte que practican, as súas condicións de adestramento e sobre as diferenzas entre os equipos e os partidos masculinos e femininos.     Moitas grazas ao Departamento de Educación Física pola súa activa colaboración co equipo de Biblioteca na organización desta charla para conmemorar o Día Internacional da Muller, centrado neste caso na muller deportista!

A violencia de xénero: Noelia Míguez fálanos do tema e presentamos o seu libro (8 de marzo, Día Internacional da Muller; 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller)

Para conmemorar o Día internacional da Muller (8 de marzo), pero sen esquecer a violencia machista que esta sofre (lembramos que o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller é o 25 de novembro), o 18 de marzo estivo no noso centro Noelia Míguez para falarnos sobre a violencia de xénero, os diferentes tipos e mostrarnos casos reais, partindo da súa experiencia persoal.  Noelia explicoulles ao noso alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, desde a primeira persoa, o que vive e sofre unha vítima de violencia de xénero. E presentounos o seu libro, Ocho señales. Cuestión de vida o muerte , onde relata, desde esa vivencia persoal, o maltrato sufrido e o seu proceso físico e psicolóxico ao longo dese tempo. Na Biblioteca Rebolo temos algúns exemplares que se poden coller para ler e que vos recomendamos!!                            

A muller traballadora da miña vida

  No Día Internacional da Muller Traballadora o alumnado de 2º ESO quixo homenaxear as “mulleres traballadoras das súas vidas”. Avoas, nais, amigas … , mulleres loitadoras que fixeron fronte a unha vida dura, que nos apoian e apoiaron sempre cun amor incondicional, mulleres que traballan na casa e fóra, mulleres que deixan unha pegada imborrable nas nosas vidas. O noso recoñecemento ás “brillantes activistas da vida cotiá” porque dende sempre as mulleres foron, son e serán un piar fundamental da nosa sociedade. Podedes ver algúns dos seus traballos clicando no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesisidropargapondal/node/1199

8 M

Aquí vos deixamos o símbolo que hoxe nos une a todas para que lle peguedes a frase ou lema que queirades compartir con toda a comunidade educativa!!!! Ademais, na entrada podedes ver os traballos que o noso alumnado de 2º da ESO realizou sobre a muller traballadora da súa vida!!! Esperamos que desfrutedes con eles  porque son moi interesantes!!!!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...