Saltar ao contido principal

Publicacións

As grullas da paz!!

Xa contamos no noso centro coa figura móbil de grullas para conmemorar o Día Mundial da Paz. Desde o departamento de Educación Plástica, a través dunha petición do equipo de biblioteca, traballou ao londo do curso o Día Mundial da Paz desde a educación artística. E, finalmente, elaboraron unha figura móbil de grullas que podemos expoñer no noso centro con grande orgullo. Moitos parabéns polo resultado!!!

"Trolebús literario", ruta literaria por Carballo

A través dunha inicitaiva da biblioteca e do EDLG, o luns 3 de xuño, o noso alumnado do club de lectura montou no "trolebús literario" para percorrer unha ruta literaria carballesa. Así, nunha visita guiada, visitamos lugares vinculados con autores carballeses ou zonas que aparecen en obras da literatura galega. Nesta ocasión, collemos a liña 1, mais esperamos poder gozar dunha futura visita a bordo da liña 2 deste "trolebús literario"!!! Aquí vos deixamos unha mostra desta interesante viaxe!!

Obradoiro "Especies invasoras"

A última semana de abril e a primeira de maio,  a o noso equipo de biblioteca xunto co departamento de Bioloxía organizou un obradoiro en colaboración coa asociación Amabul sobre especies invasoras. Amabul é unha Asociación medioambiental que procura mellorar a contorna coa axuda da pedagoxía ambiental. Así, o alumnado de 4ºA-B-C de Bioloxía, 4ºESO de Proxecto competencial, 1ºBAC A-B de Bioloxía, 1ºESO B-D e 3ºPDC axudararon a montar unha exposición na entrada do centro chamada “Unha ameaza chegada dun espazo exterior”, que é unha exposición itinerante, creada coa financiación da Deputación da Coruña, que trata a problemática da flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos, procurando sensibilizar, educar e motivar cara a acción ambiental responsable no eido das invasións biolóxicas provocadas pola flora alóctona. Ademais disto, o alumnado asistiu a unha serie de charlas impartidas por membros desta asociación. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

"Rebolotion test", concurso interdisciplinar desenvolvido na biblioteca Rebolo

 Esta semana comezou o noso concurso interdisciplinar "Rebolotion test", organizado desde o equipo de biblioteca e o EDLG, coa colaboración dos diferentes departamentos didácticos do centro. Este concurso está dividdo en dous niveis, un para alumnado de 1º e 2º da ESO e outro para 3º e 4º da ESO, e estase a desenvolver na nosa biblioteca ao longo da última semana de maio e as dúas primeiras de xuño nos recreos. Nel, o alumnado que participa, en grupos, responde a preguntas de diferentes áreas que nos achegaron os departamentos didácticos deste centro. Estamos moi agradecidas pola colaboración porque grazas a isto puidemos poñer en marcha esta iniciativa na que está participando a rapazada con moito entusiasmo!!! Aquí vos deixamos unha mostra da primeira ronda!

Concurso literario "Eu son Luísa Villalta"

 A Biblioteca, o Departamento de Lingua Galega e o EDLG organiza un concurso literario co gallo do Día das Letras Galegas adicado este ano a Luísa Villalta. Narrado en 1ª persoa, o alumnado deberá construír un textono que mostre algún episodio da biografía da escritora coruñesa. Un xurado, formado por membros do Equipo da Biblioteca, decidiu o alumnado premiado: CATEGORÍA A: 1º premio: MARÍA LOBERA LISTA. 2º ESO D. 2º premio: VALERIA TASENDE BELLO. 2º ESO A. 3º premio: ZELTIA DUBRA TRIGO. 2º ESO D.     CATEGORÍA B: 1º premio: LARA FONDO SANTOS . 4º ESO A. 2º premio: LAURA PENA FUENTES. 4º ESO A. 3º premio: NEREA RODRÍGUEZ VÉLEZ. 4º ESO A    Os relatos pódense ler na web do centro e tamén están expostos na entrada do centro! Parabéns ás gañadoras e graciñas a todo o alumnado que participou!    

Alumnas premiadas no Concurso de Lapbooks

Xa temos o alumnado premiado no Concurso de Lapbooks convocado con motivo do Día do Libro: CATEGORÍA A: 1º premio: ALDARA CARRO VÁZQUEZ. 2º ESO B. 2º premio: UXÍA FIEIRA PORTEIRO. 2º ESO D. 3º premio: CLARA PEREIRA OTERO. 2º ESO D. CATEGORÍA B: 1º premio: NEREA RODRÍGUEZ VÉLEZ. 4º ESO A. 2º premio: CLARA RODRÍGUEZ POSE. 4º ESO A. 3º premio: LUCÍA RODRÍGUEZ VARELA. 4º ESO A. Os seus lapbooks están expostos na entrada do instituto. Parabéns ás gañadoras e graciñas a todo o alumnado que participou!    

23 de abril, Día Internacional do Libro. A amiga invisíbel tráenos un libro!!

 O 23 de abril celebramos o Día Internacional do Libro. Con motivo desta celebración, e aproveitando o gusto pola lectura e o fomento da mesma entre o noso equipo docente e PAS, decidimos desde a Biblioteca Rebolo e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega realizar un/ha amigo/a invisible e agasallármonos cun libro!  Aquí vos deixamos unha mostra da ilusión coa que os recibimos! 

O noso alumnado conmemora con nós o Día Internacional do Libro con moita imaxinación e creatividade!!!

 Para conmemorar o 23 de abril, Día Internacional do Libro, o noso alumnado botou man da imaxinación e creatividade. A través de dúas propostas. Dunha banda, o noso alumnado de 1º e 2º da ESO, a proposta do equipo da Biblioteca Rebolo e do Equipo de Dinamización da Lingua traballou nas sesesión de titoría con diferentes propostas de poemas e fixeron a súa interpretación persoal a través dun debuxo!       Ademais, con motivo dun concurso de lapbooks, deixáronnos unhas propostas ben creativas e orixinais dos seus libros favoritos. Aquí vos deixamos unha mostra!!!!!

Concurso de lapbooks para conmemorar o vindeiro Día do Libro

Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego xa estamos pensando nas próximas celebracións. Así que aí vai un concurso de lapbooks para conmemorar o vindeiro Día do Libro. Animádevos a participar! Esperamos os vosos lapbooks! Bases do concurso:

Club de lectura: 22 segundos

Desde a Biblioteca Rebolo, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, promovemos a lectura inclusiva, polo que formamos un Club de lectura con alumnado de diferentes grupos, niveis e intereses, e con propostas diversificadas para eles. Aquí unha mostra do libro que desfrutou o noso alumnado de PDC, 22 segundo , de Eva Mejuto. A través da súa lectura dramatizada, o alumnado asistiu ao relato, en primeira persoa, do proceso vivido por un rapaz que non sabía o que estaba acontecendo coa súa propia identidade sexual. Recomendámosvos esta lectura, tanto para traballar coa cativada como para deleite persoal!!!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...