Saltar ao contido principal

Vivencias durante o confinamento (Parte 9)

O alumnado do noso centro, o IES PARGA PONDAL de Carballo permitiranos coñecer as súas vivencias durante o período do confinamento escribindo uns textos cheos de emocións, experiencias, sentimentos, reflexións e sobre todo de grande responsabilidade fronte á pandemia que fai xurdir en todos nós momentos persoais de gran intensidade. Nesta sección temática poderedes empezar a percorrer o camiño que vos guiará na lectura e coa que probablemente moitos de vós vos sintades identificados.

A gratitude non debe quedar nun mesmo, debemos expresala e por iso toda a Comunidade Educativa, quere agradecervos publicamente a vosa colaboración, o voso esforzo, a vosa bondade e sobre todo a gran responsabilidade que estades demostrando día a día. Aprendemos con vós e sen vós, o noso labor como docentes non tería ningún sentido. Parabéns e moitas grazas por compartir a vosa xenerosidade. 
Moito ánimo.

A selección de hoxe:

Son Xan, o primoxénito dunha familia humilde, que vive nun piso de oitenta e cinco metros cadrados, vello, con catro vivendas por planta, nun dos barrios da Coruña.
Vivo coa miña nai, Rosa, que ten 45 anos e traballaba de camareira, de luns a venres, ...
Ler máis

Primeiro mes de confinamento, e a verdade é que agardaba que fose moito máis duro. Non poder saír cos amigos, non poder realizar apenas ningún deporte que nos apaixona, cancelar actividades e en resumo, non poder...
Ler máis

Paréceme incrible que tiveramos que chegar ata esta situación para darnos conta do que de verdade importa. A covid-19 é orixinaria de Wuhan e ninguén pensou que fose chegar tan lonxe. Ao comezo abraiounos a velocidade coa que o número de casos subía pero non ...
Ler máis

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...