Saltar ao contido principal

Exposición de libros nas vitrinas: Samaín e Harry Potter

 Vistes as nosas novas vitrinas camiño da cafetería?

Ímolas empregar para recomendarvos lecturas de diferente temática.

Na da esquerda, comezamos polo Samaín, festividade de orixe celta, que se celebra na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro. O Samaín servía como celebración do final da tempada de colleitas na cultura celta e era considerada como o “Ano Novo Celta”, que comezaba coa estación escura.

Tedes máis información no Taboleiro do EDLG

Na da dereita, a famosa saga de Harry Potter, unha serie de novelas fantásticas escritas pola autora británica J.K. Rowling. Nelas nárranse as aventuras do mozo aprendiz de maxia e feiticería Harry Potter e os seus amigos Hermione Granger e Ron Weasley, durante os anos que pasan no colexio Hogwarts de Maxia e Feiticería.








Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...