Saltar ao contido principal

Exposición con libros de temática LGTBI

 

Ola, queridos rebolindas!

Esta semana inauguramos unha exposición moi importante!

Desde o ano 2016 están sendo tempos moi complexos para a igualdade no colectivo LGTBI xa que empezaron a xurdir con máis forza movementos que buscan impor na sociedade modelos sociais e sexuais moi restrictivos  impropios dunha sociedade libre e democrática. Estes  movementos  queren cercenar a liberdade e voltar aos modelos tradicionais onde se trata de uniformar a toda a sociedade nun modelo familiar e social que non é real e que provoca graves conflictos personais internos a quen non encaixa neses moldes.

Como establece a Constitución, a educación ten por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana no respecto aos principios democráticos de convivencia e a os dereitos e liberdades fundamentais. A xuventude ten que ser educada nos valores democráticos entre os que se inclúe a igualdade, a diversidade e o respecto a todos, sen que poida discriminarse a ningunha persoa por razón de raza, sexo, edad ou relixión nin tampouco pola súa orientación sexual nin identidade de xénero.

Por iso, porque corren tempos moi difíciles e perigosos, desde a vosa Biblio Rebolo queremos deixar claro que apostamos pola diversidade e polas distintas formas de amor. Que saibades que estamos aquí e que loitamos xuntos para unha sociedade máis rica e diversa e, sobre todo, respectuosa con todas as identidades de xénero e orientacións sexuais.

Na vitrina tedes unha pequeniña escolma de libros que nos gustan moito onde se tratan estes temas do xeito que deben ser tratados: con naturalidade.





 

Déixamosvos tamén aquí dous tweets de Nando López, autor que nos visitou o curso pasado e do que vos animamos a que sigades en redes e leades as súas obras.

 

 

 

Podedes ver tamén este interesante vídeo

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...