Saltar ao contido principal

Exposición de Conmemoración do Día Internacional dos Dereitos Humanos

Como todos sabedes, o 10 de decembro conmemoramos o Día Internacional Dos Dereitos Humanos. E como non, desde a nosa Biblioteca Rebolo, realizamos unha serie de actividades para dar visibilidade a unha data tan celebrada en todo o mundo. Non podía faltar o papel tan importante que xogaron nesta efeméride, as mulleres. Para iso, colocamos no taboleiro do instituto, as imaxes de grandes mulleres activistas que loitaron polos nosos dereitos.

Nun lugar preferente aparece Eleanor Roosevelt, presidenta da Comisión de Dereitos Humanos das Nacións Unidas e impulsora da declaración das liberdades e profundamente involucrada en cuestión de xustiza social. Entre elas destacamos a Lakshmi Menos, delegada da India ante a Terceira Comisión da Asemblea Xeral en 1948, avogando pola non discriminación sexual ao longo da Declaración Universal Dos Dereitos Humanos. Importante tamén foi o papel que desenvolveu a diplomática e activista da República Dominicana, Minerva Bernandino, reafirmando o papel igualitario entre homes e mulleres. Destacamos ademais a Hansa Mehta, a quen se lle atribúe o mérito de cambiar a frase de “Todos os seres humanos nacen libres e iguai“ a “Todos os seres humanos nacen libres e iguais”, no artigo 1 da Declaración Universal de Dereitos Humanos. Nesta exposición incluímos tamén a Evdokia Uralova, política e diplomática soviética da República Socialista Soviética de Bielorrusia gran defensora dos dereitos humanos das mulleres, a Bodil Begtrup, activista danesa polos dereitos femininos e así moitas otras mulleres solidarias e comprometidas coa causa feminista.

 


Que pretendemos conseguir con esta exposición? Que o noso alumnado teña presente o papel tan importante que tiveron estas mulleres no desenvolvemento da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e o que esta significa para todas as persoas sen importar a súa raza, color, relixión, sexo, idioma, opinión políticas…

Por último, parádevos un momentiño a reflexionar sobre esta cita de Eleanor Roosevelt:

“Ninguén pode facernos sentir inferiores sen o noso consentimento”

 




Non esquezades  pasar polo corredor do panel verde e ollar a exposición!!!!!!!!!!!!!

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...