Saltar ao contido principal

Día Mundial do Medio Ambiente

Hoxe, día 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Ante o gran problema da destrución de ecosistemas, céntrase na súa restauración co lema “ Reimaxina, recrea, restaura”.  O día 5 de xuño de 2021 arranca o Decenio das Nacións Unidas sobre Restauración de Ecosistemas que  ten como obxectivo previr, deter e reverter a degradación dos ecosistemas en todos os continentes e océanos.

Os ecosistemas sustentan todas as formas de vida da Terra. Da saúde dos ecosistemas depende directamente a saúde do noso planeta e dos seus habitantes.

 

Conmemoramos este día cunha exposición das fotografías do concurso “Ecosistemas da contorna” do alumnado de 4º ESO de Bioloxía e Xeoloxía e varios murais coa temática do lema deste ano: “ Reimaxina, recrea, restaura”.

 





O alumnado de 1º ESO fixo un traballo sobre biodiversidade elaborando guías de seres vivos. Nas vitrinas exponse unha pequena selección destes traballos.




Por outra parte, o alumnado de 4º ESO de Francés expón cales son os dez actos que debemos levar a cabo para protexer o noso planeta.

 

 Esperamos contribuír con estas accións á formación de cidadáns solidarios e respectuosos co Medio Ambiente.

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...