Saltar ao contido principal

Día das bibliotecas

Como xa sabedes o día 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas. No IES Parga Pondal celebrámolo con diferentes actividades:

  • Fixemos unha exposición cos marabillosos traballos de portadas de libros favoritos do alumnado de 1º da ESO.
  • Reinauguramos o noso querido e exitoso “punto de libros”, coñecido como Punto de intercambio, onde podedes levar os libros e revistas que máis vos gusten.
  • E fixemos unha pequena escolma para a expo de Banda deseñada e da revista Laukatu (especializada en manga e cómics).

Deixámovos aquí cunha pequena mostra de todas estas actividades!

 











 

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...