Saltar ao contido principal

Día do lector/a

No Calendario do libro e da lectura de Galicia, o 3 de novembro celebrouse por primeira vez o Dia do Lector/a coincidindo co nacemento do escritor Xosé Neira Vilas en 1928 en Gres, Vilacruces (Pontevedra).

Na Biblioteca Rebolo quixemos conmemorar esta data cunha lectura colectiva do seu libro máis coñecido: Memorias dun neno labrego (1961).

Deixámosvos aquí algunhas imaxes da lectura na Biblioteca e tamén uns audios gravados na nosa radio escolar, Rebolondas. Nesta gravación tivemos a colaboración especial do profesor Carlos Turnes Rieiro e participaron con moita ilusión os/as alumnos/-as de 1º ESO:

  • Valeria Domínguez Costa
  • Xabier Doldán Suárez
  • Sara Barbeira Fraga
  • Hugo Almeida Cousillas
  • Noa García Felípez
  • Victoria Isabella Fernández González

Esperamos que vos guste e que vos animedes a ler esta fermosa novela de Xosé Neira Vilas que xa ten engaiolado a miles de lectores.

 








 

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...