Saltar ao contido principal

Preparamos o Samaín: decoramos e degustamos unha COMIDA MONSTRUOSA!!!!!

O noso centro, e especialmente a nosa biblioteca, coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, tamén se quixo preparar para a noite de defuntos e ambientarse para recibir o Samaín. Aquí vos deixamos unha mostra.







Ademais, quixemos degustalo, por iso celebramos un concurso de COMIDA MONSTRUOSA!!!!!!!!!

Para participar no concurso gastronómico monstruoso este venres 3 de novembro:

-A primeira hora, deixa a túa proposta gastronómica na biblioteca
do centro.
-Ao lado dela, nun papeliño dobrado ou dentro dun sobre, o teu
nome cos apelidos e curso (non pode estar visible o nome para que o
xurado sexa imparcial).
-No recreo, poderemos apreciar todas e todos as diferentes propostas.
Ademais, un xurado imparcial puntuará as diferentes propostas.
-Haberá tres premios para os tres primeiros clasificados.
 

Animádevos a participar!!!!! Deámoslle un peche
monstruosaboroso a este Samaín!!!!!!




E aquí tedes os/as gañadores/as!!!!!



Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...