Saltar ao contido principal

Xornadas de presentación e formación de novos/as usuarios/as da Biblioteca Rebolo

Un ano máis dámoslle a benvida ao novo curso, e con el ao novo alumnado. 

Neste inicio da actividade escolar, e despois de poñer a punto a nosa biblioteca, realizamos unhas xornadas de presentación e formación con todos os cursos de 1º ESO por seren estes novos usuarios. Nelas explicámoslles o funcionamento, a organización e as actividades que levamos a cabo desde ela. 

Ademais, un ano máis, o noso centro volve formar parte do Programa de Voluntariado na bibioteca escolar, polo que tamén lles informamos en que consiste para que o novo alumnado do centro (xunto co de anos anteriores) poida participar.


Aquí vos deixamos algunha imaxe destes 5 días de xornadas de presentación.








Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...