No mes de novembro o alumnado de 2º ESO puido converterse por unhas horas en regueifeiro. Josinho da Teixeira e Lupe Blanco foron os encargados e mostrarlle ao noso alumnado o divertido que pode chegar a ser a construción dunha copla desde a improvisación e cuns mínimos coñecementos.
Estes obradoiros, organizados desde o equipo de Dinamizaición da Lingua e a Biblioteca Rebolo tiveron a colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo e forman parte do Proxecto Enreguéifate https://enregueifate.gal/oproxecto/ co que se procura impulsar a improvisación oral en verso e contribuír a través dela á promoción da lingua galega.
Comentarios
Publicar un comentario