Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado ás cantareiras e á poesía oral popular, e aínda que centra a súa homenaxe nas Pandeireteiras de Mens, sabemos que é un campo moito máis amplo.
En Carballo temos unha boa mostra disto, por iso o concello decidiu realizar unha proposta de actividade de recollida de cánteghas para logo pasar a un arquivo municipal.
O noso centro quixo formar parte desta iniciativa e tivemos connosco a dúas persoas coñecedoras do tema que nos viñeron informar sobre a actividade: Hadrián García e Ramón Varela.
Despois desta información sobre que é unha cántegha e a mostra dalgunhas das cantereiras do noso concello, deixámoslle a proposta ao noso alumando, actividade que realizaron voluntariamente e da que puidemos recoller máis de 10 mostras máis que serán engadidas a este arquivo municipal.
Comentarios
Publicar un comentario