Saltar ao contido principal

Comezamos coa "Hora de ler"

 

Comezamos coa “Hora de ler”!!!!!

Con toda a nosa ilusión, comezamos unha nova andaina co noso alumnado. Para nós é o inicio dunha aposta clara pola lectura xa que non contabamos con estes momentos destinados ao goce individual e persoal dentro da aula, mais sabemos que o noso alumnado xa vén de vivir esta experiencia, polo que nós queremos que continúen con ela e tamén participar con eles deste pracer.

Moitos e moitas xa traen os seus propios libros. Porén, para aqueles que non teñan, lle esquecera ou simplemente queiran explorar novas experiencias e descubrir novos mundos, o equipo de biblioteca preparou uns carriños con caixas e diferentes propostas que pode utilizar tanto alumnado coma profesorado.




 

   

Esta andaina vai comezar co noso alumnado de 1º ESO, mais iremos incorporando progresivamente o resto de grupos.

A lectura sempre é unha inversión de futuro e un goce persoal. Esperamos que todas e todas a desfrutemos!!!!!

 

 
 

 

 

 

 

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...